Procuran a unión do comunismo independentista

O venres 18 de novembro preséntase en Pontevedra o Foro pola Unidade Comunista Galega. O seu obxectivo; "reorganizar aos comunistas galegos para crear unha organización unitaria".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/11/2011 | Actualizada ás 01:23

Comparte esta noticia

O Centro Social Revira acollerá este acto, cuxa idea inicial naceu na cidade de  Vigo, partindo a iniciativa de persoas a títuo individual, do Ateneo Proletario Galego e do PCPG ( Partido Comunista do Povo Galego ). O seu obxectivo é unir a todas as persoas independentistas e socialistas con filiación política nalgunha organización ou sen ela co obxectivo de "construir un coletivo de debate e de reorganización dos/as comunistas galegas/os para posibilitar a criazón nun futuro dunha organización unitária"

"A iniciativa de foro de debate comunista de carácter unitario, aberto aos comunistas galegos e galegas, organizadas ou non, co fin de traballar en común polos intereses do Proletariado e polo Socialismo, tanto en Galiza como a nivel Internacional", aseguran nun comunicado remitido a GC.

None

"Clarificación científica"

A aspiración e obxectivos fundamentais do Foro de Unidade Comunista Galega son os de contribuír á "clarificación científica" do proletariado xa que este colectivo entende que sociedade actual tende "á confusión e división actual que debilita á nosa clase e ao propio movemento comunista". Tamén aposta pola coordinación dos esforzos das e dos comunistas galegos, "cara o fortalecemento dos movementos sociais e organizacións do proletariado no seo das súas loitas, e á construción da súa propia organización revolucionaria".

Polo tanto, nesa primeira xuntanza que terá lugar o día 11 de novembro, combinarase o debate, a crítica e autocrítica colectiva para chegar a unha "clarificación ideolóxica, coa acción política no seno do movemento obreiro e popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

4 uncalquera

No século XXI, creo, que o debate esquerda-centro-dereita é anticuado. Porque que partidos tildan de esquerdas e cales de dereitas? Que é ser de esquerdas e que é ser de dereitas? Pódese pedir sanida e educación pública e rexeitar a inmigración? Pódese estar a favor da inmigración pero non a favor de servizos públicos ao alcance de todos? Eu espero que isto saia adiante, pero deberían de pensar, que se unirían un poucos e deixarían outros moitos fóra: EU?, UPG?, EI?, PCG?...

1 un que sabe

Non o que se leva no século XXI, é rastrexar nos contedores de lixo na percura de comida, mentras o 1% da humanidade acapara o 70% da riqueza mundial. O malo é que opinar opina calqueira calquer falabarata incapaz de comprender que a emigración sen control foi fomentada pola burguesia coa complicidade de PPPSOE como método de explotación de masas de man de obra e abaratamento dos soldos e recurte de dereitos das clases traballadoras autotonas, as mesmas burguesias que se lucraron e agora pasanlle o custe as clases traballadoras. Inmigrante é un hirmán e compañeiro de clase que debe telos mesmos dereitos e deberes que nós, non mercancia human nas mans da burguesias

3 Antón

Deberiades respetalo seu verdadeiro nome: Ateneu Proletário Galego

1 Galicia Confidencial

Aparece tal e como está no comunicado que nos remitiron

2 Fendetestas

Viva a Fronte Xudaica Popular (Reconstituida)! Abaixo a Fronte de Liberación de Xudea e a Fronte Popular de Liberación de Xudea!

1 repolo

Non entendo como o comunismo galego pode ser independentista, será en todo caso federalista

1 Akribéstaton

Federalista que? Hispânico, ibérico, atlântico, europeu, mundial, galáctico?

2 Antón

Repolo, pouco sabes do comunismo é da sua solidaridade internacionalista das clases populares é o compromiso solidario na loitas de liberación nacional. Precisamente o comunismo é o sistema que mais apoiou as loitas de liberación nacional como paso a unión de todolos traballadores do mundo.

3 aaaaaaag

Repolo e un destes da afundida. Por iso repite esas parvadas de Calla Loro e os seus pandereteiros.