Traballadores e persoal retirado da central das Pontes esixen o mantemento dos beneficios

A finais de decembro, Endesa comezou a comunicar por escrito aos seus traballadores as condicións individuais nas que quedarían ao decaer o seu convenio de referencia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/03/2019 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

Uns dous centenares de prexubilados, xubilados e traballadores en activo da central térmica das Pontes concentráronse este mércores ante as oficinas principais de Endesa na Coruña en defensa do convenio colectivo e para esixir o mantemento dos beneficios sociais e económicos que ata agora tiñan recoñecidos.

A protesta tivo lugar coincidindo co xuízo na Audiencia Nacional pola demanda do conflito colectivo que as centrais sindicais UGT, CC.OO., SIE e CIG teñen presentado contra Endesa (propiedade nun 70% da italiana Enel) pola súa decisión de deixar caer o convenio colectivo (cuxa vixencia terminou a finais de decembro) e aproveitar esta circunstancia para suprimir os beneficios recolleitos nos acordos laborais (bonificación da factura eléctrica, axudas ao estudo, coberturas médicas, etc.).

A finais de decembro, Endesa comezou a comunicar por escrito aos seus traballadores as condicións individuais nas que quedarían ao decaer o seu convenio de referencia. Tamén o fixeron co persoal prexubilado e xubilado, a quen se lles informou de que "procedería a eliminar os beneficios sociais a partir de xuño".

"Quérennos quitar o dereito sobre a enerxía eléctrica e aproveitarse dese diñeiro para repartilo entre os accionistas", comentou un dos xubilados desta central térmica, que explicou que o obxectivo da empresa é "repatriar todos os dividendos que sexa posible e levalos para Italia". "Unha das estratexias é roubarnos o dereito que temos sobre a enerxía eléctrica que temos desde principios de século", lamentou este xubilado.

Central térmica de As Pontes
Central térmica de As Pontes | Fonte: Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta