A asociación Acouga estuda presentarse como acusación particular no caso do Banco Popular

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) quere "ampliar" a súa acción e presentarse como acusación particular, posto que desta forma terían "a capacidade para negociar as indemnizacións".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/03/2019 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) fixo un chamamento aos accionistas galegos do extinguido Banco Popular*para que se asocien a esta organización e así poder "ampliar" a súa acción e personarse como acusación particular -agora estano como acusación popular- no proceso xudicial, o que lles permitiría "negociar" as indemnizacións.

En rolda de prensa, o presidente da Asociación, Manuel Pérez Arias, e o seu secretario xeral, Antón Pérez-Lema, deron a coñecer a intención da asociación de axudar a aquelas persoas que adquiriron accións desta entidade financeira antes ou despois da ampliación de capital de xuño de 2016.

A asociación, que agora mesmo esta personada como acusación popular na actuación que se segue no Xulgado Central de Instrución número 4 da Audiencia Nacional de Madrid, quere "ampliar" a súa acción e presentarse como acusación particular, posto que desta forma terían "a capacidade para negociar as indemnizacións". Así o explicou o secretario xeral de Acouga, que do mesmo xeito que o seu presidente, animou a facerse socios de Acouga como único requisito para poder entrar no proceso.

LOGRAR A "REPARACIÓN ECONÓMICA"

Acouga, que estima que pode haber unhas 15.000 persoas afectadas en Galicia, quere conseguir personarse como acusación particular posto que, segundo subliñan, "o máis importante é conseguir a reparación económica".

Pérez-Lema sinalou que "por un custo moi pequeno" os afectados poden unirse a un "mecanismo de representación colectivo" co que buscan poder axudar a todas aquelas persoas que perderon nominal nas súas accións. Acouga foi a asociación que no seu día presentou unha demanda colectiva contra Abanca polas cláusulas solo, e coa que xa conseguiron que o 60% dos adheridos á mesma cobrasen o seu diñeiro.

Sucursal Banco Popular
Sucursal Banco Popular | Fonte: arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta