Proposta para financiar catro novos proxectos de recuperación do patrimonio histórico en Galicia

Os ministerios de Fomento e Cultura teñen previsto achegar máis dun millón de euros para accións en Coruña, Lugo e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2019 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A comisión mixta do 1,5% cultural, presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, e composta por representantes do Ministerio de Fomento e do Ministerio de Cultura e Deporte, elevou unha proposta para o financiamento de catro novas actuacións como consecuencia da convocatoria publicada en xuño de 2018.

De acordo coa proposta, elevada ao ministro de Fomento, o seu departamento achegará algo máis de 930.000 euros a proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio histórico español en Galicia con cargo aos fondos que se xeran para o 1,5% cultural como consecuencia da contratación da obra pública.

O investimento total previsto en Galicia polas entidades e administracións participantes, incluíndo as achegas do Estado, é de 1,24 millóns de euros. Os proxectos aprobados son, na provincia da Coruña, en Ferrol, unha actuación sobre o sistema de evacuación de augas e cubertas pétreas do castelo de San Felipe. Fomento achega o 75% do orzamento total da actuación, que ascende a algo máis de 455.000 euros.

LUGO E OURENSE

En Lugo, en Mondoñedo, será o acondicionamento da praza da Catedral para mellora do uso público. O ministerio achega o 75% do orzamento, que se sitúa nuns 250.000 euros. En Ourense, en Montederramo, acondicionaranse espazos para incorporar á visita cultural do mosteiro. Neste caso será o 75% de 200.000 euros. E na capital provincial, está prevista a restauración das reixas e púlpitos da capela maior da Catedral de San Martiño, cun 75% de case 330.000 euros.

"A resolución provisional que proximamente firme o ministro permitirá continuar co procedemento ata a adopción da resolución definitiva, condicionada esta a a aprobación dos proxectos e ás achegas financeiras comprometidas", sinala.

Castro de Santa María, nos Ancares
Castro de Santa María, nos Ancares | Fonte: patrimoniogalego.net

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Sentidiño

E o San Paio de Abeleda "pa cuándo"?

3 Moubear

Mande quen mande en Santiago ou en Madrid o tema é que a historia de nós é esquecida, destruida ou manipulada por galegos ou por españois (ou polos gallegos). Inmersión cultural nas escolas e 0 euros para a igrexa. Ou reaximos ou sempre seremos unha anécdota na historia da humanidade.

2 Barna

Máis cartos prá igrexa (teñen poucos...) regalados por todos nós. Ca que está caendo no país e estes e a Xunta financiando ós seus amigos da empresa vaticana. Máis 600000 euros en sacerdotes no Sergas. Cartos hai, prioridades tamén pero non coinciden (os franco siguen sendo intocables).

1 BCNka

A Xunta ten moita Obra por facer, os de Madrid tamén son amigos dos da Obra, cartos para os seus colegas e o patrimonio e historis de Galiza impórtalles nada.

1 Agadires

Pontevedra (Deputación e Museo) vai por libre porque agora seica é unha provincia galaico-"púnica", a nova moda logo do galaico-"castrexismo"...

1 Nonmelqart

Se te refires á exposición "GALAICOS" (así, sin cortarse) ou ao seu catálogo (merqueino en Madrid no MAn en castelán pero haino en galego aquí xa, a calidade científica é a mesma: nula) a verdade é que sí, colleron uns poucos xacementos de Pontevedra e arredores e como o termo celta segue a ser un tabú (o Atlántico é moi frío e píllanlles lonxe as súas cousas...) e o de "cultura castrexa" xa non cola (aos arqueólogos de fora dalles a risa co invento ise) agora queren facer da anécdota fenicia (é como dicir que os das costas escandinavas durante a época viquinga eran musulmáns porque como hai tanto material árabe...) un novo paradigma e ven púnicos ata na sopa, perdón, garum... E aínda teñen o (cangas do) morrazo de xeneralizar os datos a toda a cultura galaica do ferro (e expo ten moi pouca cousa, é tendenciosa e ten réplicas). Unha tarde perdida e cartos tirados (pero pagados por todos nós) para ver como nos contan a "súa" historia.