A Xunta, sobre a prórroga da restricción para o cultivo de pataca: "Vale máis pecar por exceso que por defecto"

Aínda que recoñece que é "unha molestia para os produtores, Agricultura xustifica esta prolongación de dous anos polos novos casos de couza guatemalteca en novos concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O director xeral de Agricultura, Silvestre José Balseiros, avogou por "seguir incidindo" nas medidas para o control da praga da pataca e defendou a prórroga de dous anos para restrinxir as plantacións nas zonas infectadas. "Vale máis pecar un pouco por exceso que por defecto", sostén.

En resposta ao Grupo popular nunha pregunta na comisión de Agricultura, Balseiros remarcou que a captura de couza guatemalteca está "a baixar significativamente", aínda que "nunhas zonas máis e noutras menos". Asegurou que "se están facendo as cousas da forma indicada" pola UE e o Ministerio para a "erradicación desta praga" con medidas "efectivas". Así, explica que un equipo de nove persoas encárgase de "revisar" o trampeo. Hai 1.111 trampas colocadas no campo e outras 470 en almacéns.

Con todo, o director xeral de Agricultura móstrase "consciente" de que "é unha molestia para os agricultores", pero defende a necesidade de tomar estas medidas. Aínda que admite que "algúns pensaban" que tras dous anos de prohibición agora xa se ía poder iniciar novamente o cultivo, deixou claro que a prórroga se debe aos "novos positivos" atopados nalgúns municipios.

Así mesmo, remarca que "se seguen facendo reunións" con comunicacións a almacéns e distribuidores de pataca. Finalmente, destacou que se outorgaron uns 260.000 euros en axudas a uns 1.700 solicitantes, mentres que a Xunta leva gastados no plan de contención uns dous millóns de euros.

As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan
As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan | Fonte: lapatata.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta