O PP coruñés propón crear unha cidade deportiva na zona de Penamoa

Beatriz Mato aposta por impulsar esta área, "que foi unha zona de tráfico de drogas", e darlle unha segunda vida con campos de fútbol e rugby, entre outros.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/03/2019 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A presidenta do PP da Coruña e candidata á Alcaldía herculina, Beatriz Mato, presentou este xoves o proxecto da 'Cidade Deportiva de Penamoa', que xa avanzou a semana pasada a máis de 60 entidades e clubs deportivos da cidade.

En rolda de prensa, expuxo que se trata dunha nova dotación deportiva que incluiría un pavillón polideportivo multiusos con capacidade para 2.500 espectadores; un centro de tecnificación e alto rendemento e seis campos -catro en Penamoa e dous en Bens- dedicados ao fútbol e ao rugby, entre outras propostas deportivas.

"Converter o que foi unha zona de tráfico de drogas nunha gran cidade deportiva paréceme un bo proxecto de cohesión social e de impulso dunha área", sinalou Beatriz Mato, na presentación.

Por outra banda, dixo que "non é a cidade deportiva de Bea Mato, nin a cidade deportiva do PP". "É o resultado dun proceso de elaboración dun proxecto común no que se investiron moitas horas en escoitar aos clubs e entidades", manifestou.

O PP da Coruña propón crear unha cidade deportiva na zona de Penamoa. PP
O PP da Coruña propón crear unha cidade deportiva na zona de Penamoa. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta