Estudantes "ianquis" para "impulsar" o plurilingüismo en inglés en Galicia

A Xunta contrarará a 40 auxiliares de conversas procedentes dos Estados Unidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un grupo de 40 auxiliares de conversación procedentes de Estados Unidos viaxarán a Galicia para reforzar ao longo do próximo curso 2018/19 os institutos galegos nas coñecidas como "vocacións STEM", relativas a ciencias, tecnoloxía, enxeñarías e informática.

Diso informou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión do seu Executivo, que deu luz verde á renovación do convenio entre a Consellería de Educación e a Comisión Fullbright, composta por España e Estados Unidos.

"Interésanos que a mocidade saiba falar, ademais das linguas oficiais, o inglés", destacou Núñez Feijóo, que apuntou que os profesores ten "alto perfil académicos" e desempeñarán a súa función como auxiliares de conversación nos "institutos plurilingües", que ascenden a 385 en toda Galicia.

O orzamento total da iniciativa para o próximo curso ascende a 463.800 euros, dos que a Consellería de Cultura asume o 86 por cento e o restante será cuberto pola Comisión Fullbright.

Clase de inglés para nenos
Clase de inglés para nenos | Fonte: ciudadpeques.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cachamuiña

Moi boa nova. E parécenme poucos. Debería ser do obrigado cumplimento en todos os centros plurilingües a presenza destes profesores para facilitar e mellorar a competencia lingüística de alumnos e profesores.