Aumentan un 17% as vivendas libres terminadas en Galicia

En 2018 foron 2.124 vivendas máis.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Galicia pechou 2018 con 2.124 vivendas libres terminadas, o que supón un incremento do 17% respecto ao dato rexistrado no ano anterior, segundo a estatística de Fomento.

Vivendas.
Vivendas.

No conxunto estatal, o pasado exercicio termináronse 59.377 vivendas libres, o que supón un aumento do 20% respecto de 2017, similar á suba galega.

No último trimestre de 2018 finalizáronse 14.741 vivendas libres, o que representa un descenso en taxa intertrimestral do 4,9% e un aumento en taxa interanual do 14,2%.

Así o recollen as Estatísticas de vivenda libre e protexida feitas públicas este xoves polo Ministerio de Fomento, que actualizou a serie de vivendas libres iniciadas con datos ata o primeiro trimestre de 2018.

De xaneiro a marzo de 2018 iniciáronse 18.529 vivendas libres, os que supón aumentos do 5,5% en taxa intertrimestral e do 5% en taxa interanual.

En concreto en Galicia, iniciáronse 785 vivendas libres (271 en xaneiro, 279 en febreiro e 235 en marzo), un 5,9% menos que no primeiro trimestre de 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta