A familia do veciño da Coruña desaparecido reclama máis medios para a súa busca

A muller agradece a colaboración policial e insta a continuar a procura.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/03/2019 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Familiares e coñecidos de Emilio Pintor Mella, o home veciño da Coruña e natural de Melide desparecido desde o pasado 21 de febreiro, concentráronse na cidade herculina, xunto a persoas que quixeron apoiar á familia, para reclamar que prosiga a procura e "máis medios" que permitan a súa localización.

Unha concentración na Coruña pide que non se deixe de buscar ao home desapareci. SOS DESAPARECIDOS
Unha concentración na Coruña pide que non se deixe de buscar ao home desapareci. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

A concentración, coa presenza dun centenar de persoas e cunha pancarta co lema 'Axúdanos a atopar a papá', tivo lugar na praza Luís Seoane, ante o edificio administrativo da Xunta na Coruña. Na mesma, procedeuse á lectura dun comunicado por parte dos seus familiares, aos que o alcalde, Xulio Ferreiro, trasladou o seu apoio.

"Queremos que non se esqueza a súa procura, que se sigan empregando máis medios", asegurou Ana Belén Blanco, a muller de Emilio Pintor Mella, ao que se buscou hai unha semana, sen resultado, no encoro de Belesar, en Chantada (Lugo).

A muller agradeceu o traballo que está a desenvolver o grupo de investigación da Policía Nacional, pero reclamou máis axuda. "Cónstame que fan todo o posible, pero as autoridades competentes téñenlles que dar máis medios".

Así, instou a utilizar medios "máis eficaces" que o xeorradar tras o operativo que levou a cabo hai unha semana con participación de mergulladores dos GEOS da Policía Nacional. "Dada a profundidade e a escuridade das augas", dixo sobre o encoro onde se tratou de localizar ao seu marido, co que ela mantivo a última conversa, por teléfono, cando el viaxaba por esa zona.

"Unha conversa que se cortou bruscramente", explicou Ana Belén Branco, quen non descartou a hipótese de que se puido precipitar ao encoro.

Por outra banda, a muller confirmou que, xunto a efectivos da Policía Nacional, colaborará tamén na procura do seu marido —de 43 anos, 1,78 de estatura, pelo negro con calvicie parcial e lentes— a Garda Civil, segundo lle confirmaron este xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta