Temas: GALEGO QUíMICA

Sae á luz a táboa periódica en galego

A Real Academia Galega chama a "superar" a "diferenciación" entre linguas por materias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A táboa periódica en galego foi presentada este xoves en Santiago con motivo do 150 aniversario da súa publicación orixinal por Dimitri Mendeleev. No acto, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, destacou a irmandade entre ciencia e lingua galega, de forma que valora esta tradución como "un xesto importante que obriga a reflexionar sobre a necesidade de superar esa diferenciación entre unha lingua para unhas materias ou outras", en referencia ao feito de que as materias científicas se imparten en castelán en Galicia.

Sae á luz a táboa periódica en galego.
Sae á luz a táboa periódica en galego.

Esta táboa periódica en galego foi posible grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a RAG, a Real Academia Galega de Ciencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o grupo de investigación CienciaNOSA.

Así, edítanse 13.000 exemplares que chegarán a colexios e sociedades científicas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, resaltou a importancia de que circule polos centros de toda Galicia.

ACUDIR Á ORIXE DOS NOMES

'Xofre', 'xermanio', 'nitróxeno' e 'osíxeno' son algúns dos termos en galego que se inclúen nesta tradución, a cargo de Ana González Noya, Manuel Bermejo e Marcelino Maneiro.

Maneiro explica que neste traballo se buscou "respectar o que fixeron outras linguas derivadas do latín, como o francés ou o portugués, que acoden á orixe dos nomes dos elementos, que poden ser nomes propios relativos a persoas, lugares ou centros de investigación".

Pon como exemplo que uno dos elementos de recente incorporación, o 117, en castelán traduciuse como 'teneso', mentres que en galego é 'ténnesso', derivado de Tennessis, polo que se manteñen as dúas enes e as dúas eses.

Temas: GALEGO QUíMICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Non é sen tempo