Un dos grandes submarinos da Armada española recalará en Marín e Ferrol

A nave ten xa 35 anos, aínda que Defensa asegura que ten tecnoloxías de última xeración en materia de defensa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O vindeiro mércores, 20 de marzo, fará escala na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra) o submarino 'Mistral'. Será unha das dúas visitas que vai realizar a portos galegos durante este mes de marzo.

Segundo informou o Ministerio de Defensa nun comunicado de prensa, o submarino 'Mistral' tamén recalará en Ferrol do domingo 24 ao mércores 27 de marzo. Defensa concretou que o 'Mistral' estará na Ría de Pontevedra ata o domingo 24 deste mes e o vindeiro venres 22 terá lugar unha xornada de portas abertas na que se poderá visitar o submarino.

O 'Mistral', atracado no peirao de Torpedos na Escola Naval, permanecerá dispoñible para visitas en horario de 16,00 a 18,30 horas. Ademais, durante a súa estancia en Marín, o submarino aproveitará para participar na formación dos futuros oficiais da Armada con diversas actividades en porto e no mar.

CARACTERÍSTICAS

O submarino Mistral é o terceiro barco da clase Galerna, unha serie de catro submarinos (Galerna, Siroco, Mistral, Tramontana) construídos en Cartaxena pola empresa nacional Bazán, agora Navantia, a mediados dos anos oitenta.

Na actualidade, tres destas catro unidades continúan en servizo e representan a capacidade submarina de España. O 'Mistral' fixo a súa primeira inmersión o 2 de novembro de 1984.

A pesar de ser unha plataforma veterana, as diferentes modernizacións que se efectuaron a bordo, en especial en sonares, comunicacións satélite e periscopios, fan deste submarino, sostén Defensa, "unha plataforma eficaz que realiza con garantías as actuais misións que teñen lugar nos novos escenarios en augas litorais".

Os submarinos da clase Galerna participaron en centos de manobras internacionais e misións. Entre as súas misións máis destacadas atópanse acción das forzas de superficie (ameazas de superficie e submarinas); misións de recolección de intelixencia; misións de recoñecemento e información en zonas avanzadas para apoio a unha forza naval e misións de infiltración na costa de unidades de operacións especiais.

O submarino 'Mistral' fará escala o mércores na Escola Naval de Marín (Po. MINISTERIO DE DEFENSA
O submarino 'Mistral' fará escala o mércores na Escola Naval de Marín (Po. MINISTERIO DE DEFENSA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta