Temas: EMPREGO XUNTA

A Xunta cualifica de "falso" que o persoal laboral poida utilizar apuntamentos nas probas para ser funcionarios

A modalidade do proceso selectivo será a de concurso-oposición e a fase de oposición consistirá na superación dun exercicio de carácter eliminatorio e obrigatorio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Xunta presentou este venres ás organizacións sindicais os criterios que rexerán o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo. Deste xeito, confírmase a publicación "íntegra" de todas as preguntas que se utilizarán nas probas, aínda que o Goberno galego di que "é falso" que vaian poder utilizar apuntamentos no proceso. Con todo, asegura nun comunicado que si se poderán usar textos legais establecidos en cada convocatoria, como xa fixo con anterioridade noutras probas na Administración galega.

A modalidade do proceso selectivo será a de concurso-oposición e a fase de oposición consistirá na superación dun exercicio de carácter eliminatorio e obrigatorio. O exercicio, segundo explica Facenda, será un cuestionario tipo test cun número de preguntas que varía entre as 120 do grupo I e as 50 do grupo V. Cada pregunta do cuestionario terá tres respostas alternativas, das cales unha será a correcta. Precisamente, a proposta da Dirección Xeral da Función Pública é publicar a totalidade das preguntas --das que se realizará a selección para o cuestionario-- antes da realización das probas.

E o é, segundo argumenta, "dado que non se trata dun proceso competitivo --como sucede nunha oposición de acceso libre--, posto que este proceso non ten por obxecto o acceso á Administración nin o ascenso de escala ou categoría, senón a transformación voluntaria en funcionarios de traballadores que xa teñen unha praza fixa na Administración como persoal laboral". Lembra a consellería que a funcionarización será "un proceso totalmente voluntario a través do cal o persoal laboral fixo poderá converterse en funcionario de carreira accedendo a unha categoría equivalente á que actualmente ocupa".

Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo

Temas: EMPREGO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta