Animalistas propoñen 'Luns sen carne' en comedores escolares de Galicia para combater o cambio climático

Tamén frecen unha recompensa de 1.000 euros para quen ofrezan datos do autor ou autores dun "novo caso de violencia" contra un can.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A Asociación animalista Libera proporá á Xunta de Galicia que se establezan 'Luns sen carne' nos comedores escolares, para prescindir dos produtos de orixe animal e contribuír así a combater o cambio climático.

A proposición dos animalistas será transmitida ás Consellerías de Educación e de Medio Ambiente, animando así á Xunta a imitar os proxectos que, desde unha perspectiva de sensibilización directa, apostan por concienciar ao conxunto da cidadanía.

Propoñen así que en Galicia se imiten iniciativas como os 'Meet-Free Monday' que se aplican en cidades como Oslo, Los Angeles ou Edimburgo e que non se eluda o debate sobre o efecto nocivo da industria gandeira e cárnica

A conta de Twiter de Nacións Unidas divulgou nos últimos días unha serie de datos relacionados coa gandaría e o impacto ambiental, lembra Libera, con cifras como que o 10% dos gases de efecto invernadoiro son causados pola cría de porcos e aves, que o 80% das terras agrícolas dedícase á produción de gran para a gandaría ou que a deforestación é unha problemática relacionada coa demanda de máis terreos para o gando.

RECOMPENSA POR DATOS DOS AUTORES DUNS MALOS TRATOS A UN CAN

Por outra banda, Libera e FFW ofrecen unha recompensa de 1.000 euros para quen ofrezan datos do autor ou autores dun "novo caso de violencia" contra un can, na parroquia de Mourente en Pontevedra, onde o animal foi atopado cun lazo de caza incrustado nunha das patas.

Os ecoloxistas activaron a recompensa para incentivar a ruptura "do círculo de silencio" que sosteñen que se produce en casos de malos tratos animais. Lembran, como exemplo, casos como o da "cadela tiroteada e tirada a unha tubaxe de pluviais o pasado ano tamén en Pontevedra, ou os diferentes casos de cans abandonados ou tamén disparados noutras localidades galegas".

Colexio, escola, primaria, infantil, neno, nena, nenos, comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo
Colexio, escola, primaria, infantil, neno, nena, nenos, comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xabaril

Os animalistas o que teñen que facer é decidir o que comen na súa casa e deixar os demais en paz. A maioría non sabe do que fala. É moi bonito defender o xabarín cando estás durmindo tranquilo sen medo a que nunha soa noite che estrague 10 hectáreas de millo ou un terreo de patacas. Eu non defendo a extinción do xabarín pero o rural non pode ser un parque de atraccións de urbanitas exclusivamente. Ten que haber unha corresponsabilidade.