Feijóo di de Sánchez que "non mide as consecuencias" de non apoiar a prórroga a Ence

O presidente do PPdeG censurou tamén que o presidente do Goberno propón "prolongar" un executivo "que non funciona para España e que é contraproducente á hora de achegar solucións".

Por Galicia Confidencial | VIGO | 15/03/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que a decisión do Goberno de non continuar apoiando a prórroga da concesión a Ence na ría de Pontevedra é unha "irresponsabilidade" porque, "unha vez máis", Pedro Sánchez "non mide as consecuencias dos seus actos".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA

Nun acto de partido en Poio, o tamén presidente do PPdeG criticou que o Executivo "non dea ningunha alternativa" ás 80.000 familias que venden madeira en Galicia nin aos 5.000 empregados que, segundo asegurou, viven directa ou indirectamente de Ence Neste contexto, lamentou que Sánchez xere un "problema enorme para todo o medio rural", xa que pretende pechar unha empresa que compra "case a metade da madeira que se produce" na Comunidade galega.

Ademais, censurou que Sánchez propón "prolongar" un Goberno "que non funciona para España e que é contraproducente á hora de achegar solucións", lembrando tamén a situación dos traballadores da planta de Alcoa na Coruña, que están "a esperar" por unha solución e un novo estatuto para as  electrointensivas que dea "estabilidade" a todas esas familias.

A XUNTA, UN GOBERNO "ESTABLE"

Por todo iso, o líder do PPdeG considera que aos españois "irá mellor" cun Goberno "estable" como o da Xunta, que ademais "leva dez anos tendo a confianza da xente e contribuíndo ao progreso", que cun Executivo como o de Pedro Sánchez, que "fracasou" e que estivo "sometido a Podemos, nacionalistas e independentistas".

Así, incidiu en que, nas xerais do próximo 28 de abril, a "oportunidade" que ten España é que "só hai un modo de aproveitala": "Co Partido Popular e con Pablo Casado". Así mesmo, Feijóo apostou por "poñer fin" ás minorías que queren "impoñerse" sobre a convivencia, a "que os nacionalistas digan que os galegos que falan castelán son malos galegos" e a "que partidos como  Vox e Ciudadanos digan que os galegos que falan galego son malos españois".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta