Nova marca electoral, Común-Unidas Podemos englobará a Esquerda Unida e Podemos Galicia nas xerais

O acordo entre Podemos Galicia e EU quedou pechado na tarde deste venres, horas antes do vencimiento do prazo para rexistrar coalicións electorais, que concluía á medianoite.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

En Común-Unidas Podemos é a marca electoral elixida para a coalición de  Esquerda Unida e Podemos Galicia para as xerais. Unha candidatura na que non estará  Anova, que se desmarcou este venres do acordo e anunciou que non concorrerá á cita coas urnas do próximo 28 de abril.

Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz
Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz | Fonte: E.P.

Segundo confirmaron fontes da negociación, o acordo entre Podemos Galicia e  EU quedou pechado na tarde deste venres, horas antes do  vencimiento do prazo para rexistrar coalicións electorais, que concluía á medianoite.

Deste xeito, o líder do partido morado galego  Antón Gómez-Reino será o número uno pola Coruña de En Común-Unidas Podemos, que estará encabezada na provincia de Pontevedra pola  excoordinadora nacional de  Esquerda Unida  Yolanda Díaz.

Díaz, que cambia de circunscrición ao pasar da Coruña a Pontevedra, irá acompañada no segundo lugar da candidatura por Ángela Rodríguez ' Pam', que ocupou o mesmo lugar nas pasadas xerais.

Ledicia Piñeiro (Podemos) será a número uno da coalición pola provincia de Ourense, mentres que o primeiro posto da lista por Lugo aínda non está pechado. O prazo para rexistrar candidaturas ás xerais finaliza o próximo 25 de marzo.

NÚMERO DOUS POR PONTEVEDRA

Ángela Rodríguez,  Pam (Podemos), dixo "non ter ningún problema" con que  Yolanda Díaz ( Esquerda Unida) encabece a lista por Pontevedra e non ela. Rodríguez tamén foi a número dous por Pontevedra, nunha lista que lideraba Alexandra Fernández, quen anunciou que deixaba a primeira liña política e sopesaba deixar  Anova.

Este venres  Anova anunciou que non concorrerá ás eleccións xerais do próximo 28 de abril despois de non alcanzar un acordo con  Esquerda Unida e Podemos Galicia para a reedición da coalición electoral á marxe do partido instrumental En Marea, que se presentará en solitario. Entre outras cuestións, no conflito teñen que ver os cabezas de lista, ante a intención de Podemos e  Esquerda Unida de colocar a  Yolanda Díaz, que ocupou o número dous pola circunscrición coruñesa nos anos 2015 e 2016.

Por tal motivo, Ángela Rodríguez mantense como número dous e non na cabeza de lista. "Estarei onde a miña organización considere que debo de estar, se é apoiando a  Yolanda estarei absolutamente encantada de facelo porque penso que é das imprescindible, confío en que acabe sendo ministra", asegurou a preguntas da prensa esta tarde en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Carmen Lastra

Por fin, sen máscaras!!! E que dirá o Cupletista Madrileño (antes Comunista Indepe, LKI, Bernal Calvo Delaciga e outros nicks). Igual vai de trasvestido, tipo Gamela, despois de defender os marqueses de Podemos e promover o odio contra o Villares... Fixestes un traballo enorme pola causa --profesionalizar a esquerda alternativa-- para engordar o peto da Yolanda, da Pam, do Toné, da Paula... O amo xa non vos quere, a quen ides servir agora?

1 Desfeita

Penso que Gamela xa se decatou do seu erro. Outros xa estarán facendo a fileira para pedir a militancia en EU (trolls da FPG) ou Podemos (o Doutor No... riega). Os membros de Anova non oportunistas teñen unha boa nova: existe unha organización galega, En Marea, na que pode militar os galeguistas progresistas que non comungan (literalmente) da fe do BNG.

2 MaikelborrachoideNoia

Hai que servir a La Vox de Malicia, como fan o BNG-orixinal (o de Poltrona) e o BNG-bis (o de Villares): http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 unmais

Van levar un leñazo monumental, van ser o que sempre foi a esqueda española( non falo do pasoe), na Galiza, un gruooio marxinal, con 0 deputados e 0 alcaldes

1 Gamela

A boa nova é que xa sabemos a quén non temos que votar en Pontevedra e Vigo