BNG e Anova manifestaranse en Madrid en contra do xuízo do 'Procés'

A protesta foi convocada pola Asemblea Nacional Catalá (ANC) e Ómnium Cultural e nela tamén se reivindicará o dereito a decidir

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Representantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista participarán na manifestación convocada este sábado en Madrid pola Asemblea Nacional Catalá (ANC) e Ómnium Cultural en protesta polo xuízo do 'Procés' e para reivindicar o dereito a decidir.

O BNG estará representado na capital madrileña pola eurodeputada Ana Miranda, número un do Bloque pola Coruña nas eleccións xerais, e polo secretario xeral da UPG, Néstor Rego; ademais do edil en Santiago Rubén Cela. Por parte de Anova, Gladys Afonso e Iria Otero -membros da Permanente da organización nacionalista--acudirán a Madrid para participar na marcha. Está prevista para a tarde do sábado baixo os lemas 'Autodeterminación non é delito' e 'Democracia é decidir'.

Nun comunicado, a organización que encabeza Antón Sánchez censura a "involución democrática" que, di, padece o Estado español, onde se produce "unha cerrazón centralista" e "o auxe das nova formas de fascismo, que atoparon un caldo de cultivo idóneo en moitas manifestacións públicas do bloque do 155".

Así mesmo, Anova tamén se refire no seu comunicado ao xuízo aos dirixentes do 'Procés' que se desenvolve nestes momentos no Tribunal Supremo e que, para o partido nacionalista, "está marcado pola imparcialidade e a falta das mínimas garantías de defensa" para os procesados.

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta