As obras da pasarela da intermodal de Santiago comezarán nas vindeiras semanas

As actuacións, que procuran unha "mellora da conexión" entre varias zonas da cidade, levaranse a cabo cun investimento de máis de 5 millóns de euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas asinou esta semana o contrato para executar as obras da pasarela peonil da estación intermodal de Santiago de Compostela, cun investimento que superará os cinco millóns de euros.

A formalización do contrato coa empresa adxudicataria, Acciona Construción S. a., "determina o inicio nas próximas semanas" dunha infraestrutura cofinanciada pola Xunta de Galicia, Adif e o Concello de Santiago, tal e como informou o departamento autonómico nun comunicado.

As obras "compasaranse ás de execución, xa iniciadas, da nova estación de autobuses". As dúas intervencións conforman a primeira fase da estación intermodal da capital galega.

A consellería destaca "tres zonas representativas" nas obras da pasarela: "Unha cara á cidade, outra que é a zona central sobre as vías e plataformas, nas que a construción estará condicionada polo funcionamento da estación de ferrocarril, e na zona da estación de autobuses".

Esta infraestrutura permitirá "a mellora da conexión entre dúas zonas da cidade separadas pola infraestrutura ferroviaria, os barrios do Ensanche e Pontepedriña, garantindo o tránsito dos usuarios entre a rúa Clara Campoamor e a estación do ferrocarril".

A pasarela estará formada por dúas partes diferenciadas, cunha plataforma de formigón e a estrutura metálica porticada. Terá un ancho de entre 8 e 12 metros, unha altura media 5 metros e unha lonxitude que vai desde os 8 ata os 12 e 16 metros. Ademais terá unha cuberta cun deseño traslúcido.

A Xunta asina o contrato para executar as obras da pasarela peonil da. XUNTA DE GALICIA
A Xunta asina o contrato para executar as obras da pasarela peonil da. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta