'Paradas seguras' no servizo nocturno de autobús interurbano en 85 concellos

Aínda que o novo plan de transporte público estenderá esta medida a 2.000 liñas, unha oito empresas xa se adheriron a este protocolo da Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia anunciou que activa as 'paradas seguras' en horario nocturno nos servizos de autobús interurbano en 85 concellos da Comunidade.

Aínda que o plan de transporte público de Galicia -que comezará a funcionar o mes de agosto- permitirá que se poñan en marcha estas paradas en case 2.000 liñas, o Goberno galego trasladou ás empresas concesionarias unha proposta de protocolo para que poidan pór en marcha xa estas iniciativas.

Deste xeito, tal e como informou a Consellería de Infraestruturas, "unhas oito empresas xa comunicaron a adhesión a este protocolo e trasladaron que teñen servizos na franxa comprendida entre as 22.00 e as 7.00 horas".

A medida "contempla como beneficiarios ás mulleres, ás persoas maiores, aos menores que viaxen sós e aos viaxeiros con mobilidade reducida". O plan tamén prevé "o funcionamento de varias liñas con horarios nocturnos adaptados ás quendas de determinados grandes centros de traballo".

Así, o departamento autonómico manifestou que a Xunta "continúa avanzando no proceso de renovación do mapa de servizos do autobús interurbano de Galicia mediante unha planificación que culminará este ano".

Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta