As Mareas Brancas volven tinguir a Coruña de reivindicacións a prol dunha "sanidade de calidade"

Na concentración deste domingo poñen o foco sobre as listas non estruturais; sobre que pasa coas persoas que se negan a ir á privada co novo modelo de Atención Primaria

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2019 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

A cidade da Coruña acollerá este domingo, 17 de marzo, unha nova concentración das Mareas Brancas para defender unha "sanidade pública" e de "calidade" en Galicia.

Segundo informou a Coordinadora Antiprivatización da sanidade pública A Coruña, como cada terceiro domingo de cada mes este 17 de marzo realizarán unha mobilización ás 12,30 horas no Obelisco na cidade herculina.

"Como non podía ser doutra maneira, o novo modelo de Atención Primaria que presenta Feijóo non gusta nin aos seus", sostén a Coordinadora, que chama a acudir á mobilización deste domingo para "gritar" con eles "a sanidade non se vende, a sanidade deféndese".

Ademais, avanzan que falarán este domingo "do que debe ser unha Atención Primaria" e da "contestación do Sergas sobre as listas non estruturais" á súa pregunta, sobre que pasa coas persoas que se negan a ir á privada.

Persoal sanitario
Persoal sanitario | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta