Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/03/2019 | Actualizada ás 08:10
"Non é medio normal o comportamento do BNG, se cada vez que temos que organizar debates televisados temos que entrar nestas discusións. Cada un ten os seus argumentos, o que non poden ser é excluintes como fai o BNG nesta ocasión e xa ten feito en anteriores". É a contundente resposta de Compromiso por Galicia ao debate televisivo proposto polo BNG para as Xerais.
O cabreo de CxG está sustentado en que o Bloque reclama un debate con PP, En Marea e PSdeG sen ter representación no Congreso. Por iso, os galeguistas piden que se quere celebrar ese debate teña en conta a outras formacións que, como o propio Bloque, non teñen deputados en Madrid.
Segundo CxG, esta petición non fai máis do que por en relevo o "discurso do nacionalismo excluinte do BNG, do nacionalismo orgánico que defende o BNG e que entende a sociedade galega en base a unha concepción monolítica e unitaria"., tiran para fora a pluralidade da nosa sociedade.
"Non poden arrogarse a representatividade de Galicia desde o BNG, que é o que levan tentando facer toda a vida, pero unha cousa é ben certa, existe máis Galicia alén do BNG; e esa é unha Galicia mellor", asegura o secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.