Un menor cae polo oco do ascensor nun edificio en obras no Carballiño

Estaba consciente no momento do rescate, pero foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/03/2019 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Os bombeiros do Carballiño rescataron este domingo un menor que caera polo oco dun ascensor nun edificio en construción na localidade ourensá do Carballiño.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Tal como informaron a Europa Press fontes do corpo de bombeiros da localidade, o menor foi rescatado grazas a un operativo que contou coa colaboración da Garda Civil e do 061- Urxencias Sanitarias. Así mesmo, fontes dos efectivos de Protección Civil do Carballiño aseguraron a Europa Press que o neno se atopaba consciente no momento do rescate, aínda que o prognóstico é reservado.

"Caeu polo oco onde irán o ascensor e as escaleiras dun edificio que aínda está en construción", explicaron as mesmas fontes, para logo engadir que "o neno foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta