Ourense Vinis Terrae 2019 perfila programación

O oitavo Salón do Viño e dos Licores Galegos de Calidade terá lugar en Expourense os días 1 e 2 de abril. Catas comentadas, obradoiros prácticos e un 'workshop' dirixido a adegas son algúns dos atractivos desta edición.

Por X.M. Fernández | Ourense | 19/03/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Celebrada a primeira reunión do seu comité asesor, a programación deste ano comeza a completarse con actividades dirixidas aos profesionais que visiten as instalacións de Expourense os vindeiros 1 e 2 de abril.

Cata de viños de Rías Baixas en Manchester
Cata de viños de Rías Baixas en Manchester | Fonte: GC

Ourense Vinis Terrae está consolidado como o único salón exclusivamente profesional e especializado no viño e licores galegos de calidade que busca reunir a máxima cantidade de produtores e garantindo un mínimo de 15 visitas por adega expositora con importantes distribuidores de diferentes países que podan coincidir co perfil que máis lles encaixe para comercializar os seus produtos.

Segundo trasladan os organizadores aínda está aberto o prazo de inscrición para adegas galegas que queiran participar neste encontro comercial e presentar os seus viños e/ou licores.

Entre as actividades que se están concretando haberá varias catas comentadas, dous interesantes obradoiros sobre viños brancos galegos impartidos por EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) e como novidade deste ano o "Workshop WETWINE" impartido por AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) e que ten como obxectivo dar a coñecer tecnoloxías novidosas aplicadas á valorización sostible de residuos do sector vitivinícola. O programa de actividades profesionais complementarase coa visita ás distintas denominacións de orixe galegas.

Expourense convertirase de novo nun centro de negocios facilitando o contacto comercial das adegas e produtores de licores e augardentes das DO galegas con compradores nacionais e internacionais ademais de importadores internacionais. 

Viños de Valdeorras en Fenavín
Viños de Valdeorras en Fenavín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta