O BNG insiste en ter un debate televisivo nas Xerais a pesar de non ter representación en Madrid

Pontón di que "non recibiu ningunha resposta oficial". Desde Compromiso por Galicia pídenlle que se inclúa a outros grupos que tampouco teñen representación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, insistiu en manter un debate televisivo con PP, En Marea e PSOE para as Xerais, a pesar de que non ten representación en Madrid. Así, e tras lanzar a proposta, asegurou que non recibiron "ningunha resposta oficial".

Así o indicou a líder frontista a preguntas dos xornalistas durante unha comparecencia de prensa celebrada este luns no Pazo do Hórreo na que instou ao Partido Popular de Galicia e, en concreto ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo; a "non esconderse" e "dar a cara".

Deste xeito, lembrou que o propio Feijóo era "o rei dos debates" cando estaba na oposición e que, na campaña das xerais do 2008, promoveu a celebración dunha cara a cara a tres bandas cos entón líderes do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, e do BNG, Anxo Quintana; presidente e vicepresidente da Xunta, respectivamente, naquel momento.

"O medo é libre", ironizou Pontón, que insistiu en que existe a "necesidade" de que os galegos coñezan os proxectos das diferentes opcións políticas ás que poderán votar o próximo mes de abril.

Feijóo fala con Ana Pontón durante un debate electoral
Feijóo fala con Ana Pontón durante un debate electoral | Fonte: CRTVG

CRÍTICAS DE CxG

Sobre este debate, o Bloque tivo xa duras críticas por particos como Compromiso por Galiza (CxG), sen representación no Parlamento galego, pero si con presenza institucional en varios concellos. "Non é medio normal o comportamento do BNG, se cada vez que temos que organizar debates televisados temos que entrar nestas discusións. Cada un ten os seus argumentos, o que non poden ser é excluintes como fai o BNG nesta ocasión e xa ten feito en anteriores". Así, se pronunciaba o seu líder Juan Carlos PIñeiro.

Unhas criticas que fixeron recapacitar ao BNG. De feito, Pontón apuntaba este luns que non ten inconveniente en que dito debate se abra a "criterios de representación" máis amplos que inclúan a participación de forzas sen presenza na Cámara galega, Pontón lamentou que "as forzas de ámbito estatal non teñen propostas para este país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 lóstrego

Se a tvg non a sintoniza nin dios. O bloque que faga unha campaña insistindo que é garante de que Galiza vai soar no Conrgreso, con creatividade nos cartaces publicitarios e non precisa de máis ren. Dame no corpo que vai recuperar moito voto que fixo a travesía errante da marea.

1 Astermoi

PP e rtvg, o BNG ten que esixir visibilidade pola súa implantación en Galiza (parlamento, concellos, etc). Desprezar ao BNG só se pode combatir loitando pola democracia en Galiza. É de risa que grupiños de 4 gatos pidan debates e a historia do BNG nesta nación é a historia política dunha nacionalidade histórica. Cada día máis fártame tanta moderación e boismo reclamando cousas por favor. É de lei, BNG nos medios!

1 Sihosi

O BNG non moveu un dedo para que forzas de implantación local coma CxG poidesen estar na mesa do debate electoral das últimas eleccións á Xunta. En coherencia, o BNG non pinta nada nun debate electoral das próximas Xeráis ao non ter representación no Congreso español.