Fiscalía denuncia por suposto delito ambiental o vertedoiro de Miramontes

A Plataforma de Afectados pide que se depuren responsabilidades por unha "mala xestión"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/03/2019 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Fiscalía de Medio Ambiente presentou dúas denuncias por suposto delito ambiental contra as empresas xestoras do vertedoiro e da planta de elaboración de tecnosolos da canteira de Miramontes, segundo informou a Plataforma de Afectados o Vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes e ratificou o Ministerio Fiscal.

Fiscalía denuncia por delito ambiental o vertedoiro de Miramontes e a planta de. PLATAFORMA DO VERTEDOIRO DE SANTIAGO
Fiscalía denuncia por delito ambiental o vertedoiro de Miramontes e a planta de. PLATAFORMA DO VERTEDOIRO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

En concreto, a Plataforma explica que por parte de Fiscalía se comunicou o traslado ao xulgado das denuncias "contra as empresas xestoras do vertedoiro e da planta, Sertego Servizos Ambientais S.L. e Tecnosuelos Galaicos S.L., acción derivada das denuncias da Plataforma, o concello e a Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago de Compostela (Ferusa), engade.

No caso do vertedoiro, asegura que a Fiscalía considera que "a mala xestión do mesmo pode supor un posible delito ambiental, enumerando unha serie de incumprimentos recollidos nas actas de inspección realizadas pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta".

Na actualidade, sostén que está depositada no vertedoiro "moita máis materia orgánica que a permitida polo seu proxecto construtivo, orixinando problemas como os cheiros procedentes dos gases e comprometendo a seguridade do propio vertedoiro".

"INCUMPRIMENTOS"

Sobre as denuncias de Fiscalía, sinala que, segundo as mesmas, "estar a incumprir todas as prevencións e autorizacións e, por tanto, xerando un perigo para o medio".

En relación á planta de tecnosolos —que, segundo lembra a Plataforma, conta xa con dous expedientes sancionadores da Xunta— a Fiscalía tamén traslada denuncia ao xulgado pola posible comisión dun delito medio ambiental.

Entre outros, sinala "incumprimentos relativos á actividade autorizada posto que o tecnosolo elaborado non cumpre cos requisitos esixidos, polo que sería unha vertedura de residuos que está a danar o medio ambiente e pondo en perigo a saúde das persoas".

En alusión os argumentos esgrimidos polo Ministerio Público, a Plataforma subliña que "os lixiviados procedentes da acumulación de residuos fóra da planta e directamente sobre o terreo afectan a contorna, concretamente ao Gatofero, río afluente do Tambre, e pode afectar a algunhas captacións da auga para o consumo humano".

MEDIDAS "INMEDIATAS"

Por parte da Plataforma, expresan a súa satisfacción pola decisión da Fiscalía de denunciar no xulgado "a mala xestión do vertedoiro e da planta" e confían en que "desta maneira, se depuran responsabilidades e se tomen medidas para paliar a penosa situación que soporta a poboación próxima á canteira".

Con todo, móstranse "conscientes de que o proceso xudicial pode dilatarse no tempo". Por iso, a Plataforma fai de novo un "chamamento urxente" ás autoridades competentes "para que tomen medidas inmediatas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta