CSIF cre que o persoal laboral fixo non debe pasar por novos procesos selectivos para seren funcionarios

A central sindical propuxo que o sistema selectivo "consista nun curso selectivo, de formación e avaliación continua, no que se impartan coñecementos teóricos e prácticos relacionados co corpo e escala de uso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A Unión Autonómica da Central Sindical Independente de Funcionarios (CSIF) en Galicia considerou que o persoal laboral fixo da Administración Xeral da Xunta de Galicia non debe someterse a novos procesos selectivos para a súa funcionarización.

A CSIF emitiu nun comunicado ante "a polémica suscitada sobre os procesos de funcionarización", como consecuencia da proposta que a Xunta fixo aos sindicatos, segundo a cal o persoal fixo que queira ser funcionario poderá coñecer todas as probas de tipo test.

No seu escrito, a Central Sindical lembrou que "todo o persoal fixo da Xunta xa superou procesos selectivos tan duros como os que supera calquera empregado público". A CSIF mostrou o seu apoio "de forma inequívoca a calquera proceso voluntario de funcionarización do persoal fixo" da Xunta, sempre que se faga baixo a premisa de "primeiro consolidar e logo funcionarizar".

Ademais, defendeu que "o sistema selectivo non debería consistir nun exame", nin sequera aínda que se publiquen previamente as preguntas. "Non é de recibo obrigar ao persoal laboral fixo a preparar de novo procesos selectivos a través de exames tipo test", engadiu.

Por iso, a CSIF propuxo que o sistema selectivo para a funcionarización do persoal fixo "consista nun curso selectivo, de formación e avaliación continua, no que se impartan coñecementos teóricos e prácticos relacionados co corpo e escala de uso". Así, entende que o curso debería finalizar con "a simple presentación dunha memoria que garantiría a superación do proceso".

Oposicións á Xunta en Silleda
Oposicións á Xunta en Silleda | Fonte: arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta