Nerviosismo no PP galego ante unha posible irrupción da ultradereita e Ciudadanos que lle reste votos

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este luns que, fronte a "presuposiciones e carambolas, só hai unha fórmula segura para que goberne o Partido Popular", que é o "voto directo" a este partido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

No PPdeG hai nerviosismo ante a posibilidade de que o partido ultradereitista Vox e Ciudadanos atraian boa parte dos votos dos populares. Unha vez máis —e van xa moitas— o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este luns que, fronte a "presuposicións e carambolas, só hai unha fórmula segura para que goberne o Partido Popular", que é o "voto directo" a este partido.

28A.-Feijóo Apoia A Casado Ao Pedir Que Vox Non Se Presente En Provincias Pequ. XUNTA
28A.-Feijóo Apoia A Casado Ao Pedir Que Vox Non Se Presente En Provincias Pequ. XUNTA

Nun mitin en Arzúa (A Coruña), o líder galego estivo acompañado polo candidato do PP á Alcaldía deste municipio, Rafael Rivadulla, e polo presidente provincial dos populares, Diego Calvo.

Neste contexto, Feijóo asegurou que aos españois "lles irá mellor cun Goberno estable como o de Galicia", que leva "dez anos contribuíndo ao progreso", en lugar dun Executivo "que non funciona", que "goberna unicamente para os seus socios" e que "depende para todos os que queren trocear España".

E é que, para o presidente do PP galego, Pedro Sánchez "non só é incapaz de achegar solucións aos problemas" de Galicia —Alcoa e sector enerxético, segundo exemplificou—, senón que "tamén os crea", como o rexeitamento á defensa da prórroga da concesión a Ence.

Fronte a isto, e ante a fragmentación da dereita, volveu unha vez máis a pedir unidade arredor do PP dos votantes conservadores, para evitar un novo goberno socialista.

Feijóo subliñou que os galegos "non lle darán un minuto máis na Moncloa a un presidente que non lle preocupou Galicia nin un só minuto do seu tempo", xa que, lembrou, o proxecto de Orzamentos Xerais presentado en febreiro ao Congreso "recortaba un 30 por cento" os investimentos para Galicia "mentres noutros lugares subían un 60 por cento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

O nerviosismo tiñamolo que ter nós os cidadans galegos de que partidos como o PP ou Cidadans pacten e asuman o discurso da extrema dereita e non defendan a sociedade civil desas fieras franquistas. Iso si que e para botarse a "temblar"