Caballero pecha o debate sobre as listas: "Temos as mellores candidaturas para España"

O secretario xeral dos galegos chama a votar ao PSOE para frear o avance da ultradereita e como garante do modelo constitucionalista. Agarda que as divisións na esquerda e no nacionalismo galego "poidan recompoñerse da forma máis forte para os seus ámbitos electorais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, deu o pistoletazo de saída da precampaña electoral de cara aos comicios xerais do 28 de abril, e quitou ferro ás polémicas na elaboración das listas ao asegurar que o PSOE ten "as mellores candidaturas", que foron "apoiadas por unanimidade polo Comité Federal".

Caballero paseou este martes cas catro mulleres que serán cabeza de lista dos socialistas nas provincias galegas: a deputada e membro da Executiva Federal, Pilar Cancela --A Coruña--; a concelleira de Economía no Concello de Lugo, Ana Prieto --Lugo--; a concelleira de Economía en Vigo, Olga Alonso --Pontevedra--; e a concelleira de Política Social no Carballiño, Mariña Ortega --Ourense--.

En declaracións aos medios de comunicación na Praza do Obradoiro de Santiago, Caballero enxalzou a traxectoria do catro políticas, de quen dixo que "están dispostas a dar o mellor de si mesmas para reforzar a maioría que Pedro Sánchez vai ter no mes de abril".

O secretario xeral dos socialistas galegos asegurou que inician a precampaña con "toda a forza e todo o impulso", e alertou de que "hai moito en xogo". Neste sentido, contrapuxo "dous modelos de país ben distintos", en referencia á proposta do PSOE, que "implica o progreso e o avance", fronte ao "modelo da ultradereita, que presenta tres papeletas distintas, pero que representan o mesmo: o modelo de Aznar e do retroceso social".

UNANIMIDADE NAS LISTAS

Gonzalo Caballero deu por resolto o debate sobre a configuración de listas. Así, reiterou que "hai satisfacción enorme" no partido, a pesar de que distintos dirixentes manifestaran públicamente o seu desacarodo. "Os nomes non son o prioritario, o importante é que Sánchez teña maioría clara", tentou defenderse Caballero.

"Temos as mellores candidaturas apoiadas por unanimidade do Comité Federal para toda España, cos mellores candidatos", subliñou Caballero, que declarou que "o Comité Federal aprobou por unanimidade dos presentes as candidaturas, pechou a súa actividade e non hai previstas reunións ata despois das xerais". "O tempo dos nomes e postos está pechado, é tempo de falar coa cidadanía para convencelos", abundou.

Desde este momento, a prioridade dos socialistas está en "mobilizar á militancia" co fin de conseguir "unha maioría rotunda". "Son candidaturas magníficas que alcanzaron apoio unánime, sen abstencións nin críticas. Agora hai que votar á esquerda e frear á dereita e á ultradereita", repetiu.

Caballero negou que a elaboración das listas por parte do Comité Federal reste importancia ás propostas da militancia, e lembrou a forma de funcionar do partido. Así, puxo como exemplo o caso da ministra de Facenda, María Jesús Montero, que partía como número 11 na lista por Sevilla, pero que "todo o partido tiña claro que tiña que ser cabeza de lista".

GARANTE DO MODELO CONSTITUCIONALISTA

Preguntado pola posibilidade de que a nova lexislatura volva estar condicionada polos partidos independentistas no caso de que as forzas de esquerda non logren maiorías, Caballero afirmou que "o PSOE é un partido constitucionalista, que implica todo o nivel de garantía necesario para que o modelo constitucional e o imperio da lei e de calquera pretensión individual".

O secretario xeral do PSdeG lembrou que "desde a oposición o PSOE garantiu a aplicación do artigo 155 por lealdade ao modelo constitucional", e prometeu que "fronte a calquera tipo de independentismo que se expoña á marxe da Constitución, o PSOE e Pedro Sánchez son unha garantía de defensa do Estado de dereito, das normas constitucionais e da vontade de ter vías de diálogo para darlle solución aos problemas profundos que ten a sociedade".

"Non somos nacionalistas nin independentistas. Somos un partido constitucional que defende o modelo, o autogoberno das autonomías e que ten vontade de facer política posible fronte a populismos e formulacións radicais que pretendan romper coa integración", concluíu Caballero, cuxo partido goberna en varios concellos e deputacións co apio do BNG, claramente aliado coas teses independentistas.

MORNEZA DE FEIJÓO

Caballero reivindicou o "compromiso progresista e galeguista" da súa formación, e mostrou a súa preocupación ao ver a "unha dereita do PP que abre os seus brazos a encontros coa ultradereita".

Neste punto dirixiuse ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e criticou a súa "morneza", que "lle abre a Vox as portas electorais en Galicia". "Querémoslle pedir que sexa claro e rotundo para dicirlle 'non' á ultradereita, que representa o peor que lle pode ocorrer a unha cidadanía que quere avances e igualdade", profundou.

28A.- Caballero (Psdeg): 'Temos As Mellores Candidaturas Para España, Apoiadas
28A.- Caballero (Psdeg): 'Temos As Mellores Candidaturas Para España, Apoiadas | Fonte: Europa Press


RUPTURA NA ESQUERDA

Gonzalo Caballero repetiu varias veces que as eleccións xerais son "importantísimas", e asegurou que o PSOE ten "todos os deberes feitos para presentar os mellores proxectos en cada provincia".

Preguntado por se a ruptura das formacións de esquerda de unidade popular tanto en Galicia como en España, Caballero expresou o seu desexo de que "se poidan recompor da forma máis forte para os seus ámbitos electorais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta