Felipe VI presidirá en Boqueixón o acto central do Día Internacional dos Bosques

O acto está organizado pola asociación Juntos por los Bosques.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2019 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O rei de España, Felipe VI, presidirá este mércores 20 de marzo en Galicia a conmemoración do Día Internacional dos Bosques, que organiza a asociación Juntos por los Bosques. O acto terá lugar a partir das 11,00 horas nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no municipio de Boqueixón (A Coruña).

Felipe VI.
Felipe VI.

Juntos por los Bosques é unha entidade que aglutina a 30 asociacións representativas do sector agroforestal español. Este ano conmemora en Galicia o Día Internacional dos Bosques, baixo a lema 'Os bosques e a educación'.

O obxectivo desta edición, explica a Delegación do Goberno en Galicia, "é resaltar a importancia da formación e da cultura forestal como alicerces do desenvolvemento forestal do país e do recoñecemento social dos valores asociados aos bosques".

A asociación organizadora indica que "se trata dun día para celebrar e mostrar a unidade dunha cadea de valor estratéxica, comprometida co aproveitamento sustentable dos nosos montes e co benestar do mundo rural e dos cidadáns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Non temos rei

Unha Borbona, María Cristina, acabou en 1833 do Reino de Galicia, o máis antigo de Europa, fundado no 410 por Hermerico. Que devolvan a nosa coroa e xa veremos os galegos que facemos con ela. Por min, unha república libre e independente.

3 Xan d

Cada vez que leo o veo a los republicanos me hago más monárquico.

1 Fingoi

Dirás que te sentirás máis subdito e lacaio dun ser para ti superior pola graza de deus. É o que ten non ter criterio proprio e mente colonizada e servil. Comprendo a túa admiración por el, os monárquicos precisades dalguén que vos lembre as vosas limitacións e complexos. Ánimo e a mellorarse.

2 Gorenta

"Eu? caliptus", dirá, logo de visitar a colonia noroeste. Seguro que a casa real non usa papel reciclado.

1 NuncaMáis

Un pirómano especializado en discursos con gasolina constitucional e exemplo de nada presidindo un acto nunha nación á que lle nega o seu dereito a ser. Do ecolingüismo non falará, nin da afición da súa familia pola caza. Quén pagará os gastos e fará as fotos? Máis lavado de imaxe do anacrónico sistema.