Temas: EDUCACIóN

A oferta de graos universitarios en Galicia reduciuse un 13 por cento, mentres aumentou no conxunto de España

As universidades privadas son as que máis aumentaron o número de estudos no conxunto do Estado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/03/2019 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A oferta universitaria en Galicia reduciuse un 13 por cento nunha década coa reforma do sistema que pasou dos estudos de ciclo curto e longo —diplomaturas, licenciaturas e enxeñarías— ao sistema actual de graos, segundo unha análise do Observatorio do Sistema Universitario (OSU) presentado este martes.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

No conxunto de España, a oferta de graos creceu un 13% nas universidades nunha década, ata situarse nos 2.854 títulos no curso 2017-2018.

O número de estudos, coa reforma que pasou dos estudos de ciclo curto e longo —diplomaturas, licenciaturas e enxeñarías— ao sistema actual de graos, aumentou significativamente nas comunidades autónomas da Rioxa (48%), Madrid (47%), Cataluña (30,2%), Navarra (28%) e Cantabria (26%), mentres que en sete diminuíu como en Galicia (-13%), Asturias (-12%), Castela-a Mancha (-11%) e Baleares (-10%).

O coautor do estudo Albert Corominas explicou que o número de estudos aumentou un 2% nas públicas e un 66% nas privadas, pero no caso de Cataluña a proporción é do 31% nas públicas e do 29% nas privadas.

Nesa década, as universidades que máis aumentaron estudos foron a Rey Juan Carlos, que multiplicou por 3,24, e a San Jorge, e as que máis diminuíron foron a Pontificia de Salamanca e a de Las Palmas de Gran Canaria.

No caso das universidades catalás, segundo o estudo, a Pompeu Fabra duplicou os seus estudos —aínda que a UPF asegurou que na primeira cifra non se contan os títulos de centros adscritos e na segunda si—, mentres que a Oberta de Cataluña creceu un 67%, a de Vic un 57%, a Abat Oliba CEU un 50%, a Politécnica de Cataluña un 46% e a Autónoma de Barcelona un 37%.

IMPLANTACIÓN DO PLAN BOLONIA

A oferta de graos creceu un 19% nas universidades españolas en seis anos, desde que se completou a implantación do Plan Bolonia no curso 2011-2012, pasando de 2.403 a 2.854 graos no 2017-2018, nunha progresión continua.

As universidades privadas ofrecen menos graos que as públicas e concentran a súa oferta nas ramas de Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas.

En 2017, o Rexistro de universidades, centros e títulos tiña 560 nomes diferentes de graos, dos que 345 se ofreven nunha única universidade, e os graos múltiples creceron un 19% nas públicas e un 44% nas privadas desde o 2011-2012.

Corominas asegurou que a oferta actual de graos "non é suficientemente intelixible, comprensible nin comparable" e heteroxénea na temática, alcance do coñecemento e vixencia temporal do obxecto de estudo, e avogou por planificar máis que por competir entre centros.

RECOMENDACIÓNS

Ante esta situación, Corominas explicou que o OSU recomenda que a oferta de graos das universidades españolas debería ser "revisada críticamente" por universidades e administracións, e que a colaboración entre ambas permitiría implantar as reformas pertinentes sen cambios lexislativos de gran alcance.

Recomendou tamén revisar que os graos cumpran os obxectivos de formación xeneralista, capacitación para o exercicio profesional e empregabilidade a longo prazo que estipula a normativa; reducir o número de graos mediante a planificación e cooperación das universidades; suprimir os denominados graos propios; aclarar a relación entre a formación universitaria e a formación profesional, e repensar críticamente a oferta de graos múltiples.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta