Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/03/2019 | Actualizada ás 20:35
Cristian Vilavedra Lorenzo, o mozo de 21 anos de idade desaparecido o pasado sábado en Marín, foi visto este martes en Santiago de Compostela, segundo aseguran fontes que contactaron con este medio.
Segundo a fonte —que foi mestre do mozo—, viuno en Porta Fraxeira arredor das seis da tarde deste martes, en compañía doutro home máis maior ca el. Esta fonte chamou inmediatamente ao teléfono de contacto ofrecido por SOS Desaparecidos para dar conta disto.
O mozo permanece desaparecido desde o pasado sábado, cando foi visto por última vez na localidade onde reside, Marín (Pontevedra).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.