Unha empresa galega ten case 300 euros menos de custe laboral que unha estatal

O custo laboral das empresas en Galicia pecha 2018 cunha baixada do 0,4% fronte á subida en España

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O custo laboral das empresas en Galicia baixou un 0,4% no último trimestre de 2018 ata 2.417,57 euros, o que contrasta coa subida media en España do 0,9% (2.692,52 euros), o que arroxa unha diferenza de 274,95 euros, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Así mesmo, o custo salarial reduciuse en Galicia un 0,5% no mesmo período e queda en 1.815,92 euros, mentres que o de España crece un 0,9% ata alcanzar os 2.039,01 euros.

No tocante a outros custos, que comprenden as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e as percepcións non salariais como indemnizacións, sitúanse en Galicia en 601,65 euros, polo que se reducen un 0,1%, mentres en España aumentan un 0,7% (653,51 euros).

O custo laboral por hora efectiva tamén vai á baixa en Galicia (-0,4%), o contrario que a alza no Estado (+0,5%). Hai cinco comunidades con taxas negativas e o resto sobe, cun incremento liderado por País Vasco, Baleares e Canarias.

Por sectores en Galicia, hai diferenzas entre o avance no custo laboral de industria e construción (+0,6%), mentres retrocede en servizos (-0,9%). Ademais, a xornada semanal media pactada en Galicia é de 34,6 horas, por encima das 34,2 horas en España.

O comercio electrónico é cada vez más importante para as empresas.
O comercio electrónico é cada vez más importante para as empresas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta