Os gañadores do Premio San Clemente celebran a "independencia" deste galardón

Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang son os escritores distinguidos este ano

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

Os gañadores do XXIV Premio San Clemente, Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang, agradeceron este galardón "independente" que, en palabras da escritora surcoreana, é "unha gran honra" e lembrará "toda a vida".

En rolda de prensa, tanto os premiados como o exdirector do instituto Rosalía de Castro Ubaldo Rueda (impulsor da iniciativa que agora conta co apoio de Abanca) quixeron valorar este galardón por vir dun xurado "independente" conformado por estudantes, que teñen o "corazón puro" e "non contaminado".

Os gañadores do XXIV Premio San Clemente agradecen este galardón
Os gañadores do XXIV Premio San Clemente agradecen este galardón | Fonte: EP

Pola súa banda, o presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, reivindicou o labor de coordinación de máis dun milleiro de estudantes desde que o premio incorporou a participación de institutos doutros países, como Portugal, Reino Unido, Alemaña e Rusia, entre outros.

De feito, durante a comparecencia ante os medios de comunicación, previa á recollida dos premios na tarde do mércores, unha profesora dun instituto alemán tomou a palabra para preguntar a Han Kang pola perspectiva da narración da súa novela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta