A Xunta tacha de "incomprensible" a decisión do Goberno, que non defenderá a prórroga Ence

O conselleiro de Economía asegurou que se van tomar "todas as medidas" para defender o emprego de "80.000 familias que viven do forestal" e pide ao Executivo Central que dea explicacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, censurou a decisión "incomprensible" do Executivo central de desistir nos tribunais da defensa da prórroga na concesión a Ence. "Estamos a esperar que o Goberno dea unha explicación de por que se achanta neste proceso", queixouse.

Cuestionado polos medios nun acto na Coruña, Conde reprocha que con esta decisión "unilateral" acaba por mesturarse "o Estado co Goberno e o Goberno co Estado". "Nun Estado de dereito como é España, no que a seguridade xurídica sempre foi un dos referentes e dos elementos diferenciais, entendemos que o Goberno debe dar explicacións", opina.

Con todo, deixa claro que a Xunta vai adoptar "todas as medidas" para defender o emprego de 5.000 familias e das "80.000 familias que viven do forestal", xa que a postura do Goberno "pode levar á situación límite á industria forestal galega".

INDUSTRY DAY

Así se expresou este mércores na súa visita ao I Industry Day na Coruña, promovido polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Comisión Europea para visibilizar os desafíos industriais máis relevantes. O evento reúne a 200 profesionais do sector e conta con representantes de Repsol, Navantia, Ceaga e a Asociación Española de Mantemento, entre outros.

Francisco Conde sostén que a transición ecolóxica ten que ser "compatible" co desenvolvemento da industria, a innovación e a dixitalización. "A aposta pola industria non ten que excluír a ninguén", asegura.

Planta de Ence, en Pontevedra. ARQUIVO
Planta de Ence, en Pontevedra. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta