Ana Pontón cre que se "bota de menos" ao BNG tras ver a Galicia "desaparecida" do debate político nacional

Censurou que o cambio no Goberno do Estado supuxo unha "alternancia na discriminación" primeiro co PP e despois co PSOE, cando foron "os peores orzamentos para Galicia en 17 anos co apoio de En Marea-Podemos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que "moita xente bota de menos" ao Bloque tras ver que Galicia está "absolutamente desaparecida" do debate político nacional e censurou que as forzas estatais só acórdense da Comunidade "en campaña".

A xefa de filas dos nacionalistas galegos participou este mércores en Pontevedra a candidatura do Bloque por esta provincia para o Congreso, acto no que defendeu como "útil" o voto á súa formación. Nun encontro cos medios, Pontón asegurou estar convencida de que o BNG terá "un apoio moi grande" tras constatar que a súa "ausencia tivo consecuencias negativas para o noso país".

Ademais, censurou que o cambio no Goberno do Estado supuxo unha "alternancia na discriminación" primeiro co PP e despois co PSOE, cando foron "os peores orzamentos para Galicia en 17 anos co apoio de En Marea-Podemos". Fronte a iso, defendeu que "un ou catro deputados do Bloque "son máis útiles que 23 ás ordes dos seus xefes en Madrid, chámense Casado, Sánchez ou Igrexas". "O útil é votar BNG porque non ten ataduras e garante, nun escenario sen maiorías absolutas, que vai condicionar a política estatal a favor de Galicia", indicou.

O BNG, COAS "PORTAS ABERTAS"

Nese sentido, a líder nacionalista reiterou que todas as persoas que levan Galicia "na cabeza e no corazón" teñen as "portas abertas do BNG" porque "esta non é a candidatura dunhas siglas senón unha candidatura de país". A candidata por Pontevedra, Carme da Silva, sinalou que a lista de necesidades para a provincia é extensa, pero indicou que unha delas é liberar a peaxe da AP-9, que definiu como unha vía estratéxica para o desenvolvemento de Galicia.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, de regreso dunha reunión global de alcaldes convocada polo OCDE en Atenas, quixo arroupar coa súa presenza a presentación desta candidatura que cualificou de "excepcional" e está encabezada por unha persoa que, destacou, foi unha "peza fundamental" no goberno municipal da cidade do Lérez.

PONTEVEDRA. BNG
PONTEVEDRA. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

E o problema de non ter aboa, que compre facer o autobombo.

2 Gamela

E para que Galicia recupere presencia "nacional" van votar por Oriol Junqueras con EH Bildu ? Sen dúbida que se falará de Galicia pero será desa outra Galicia na que só viven Paco Rodríguez e coarenta máis da UPG !

1 Eh-erc

Botamos de menos a Nestor Rego, un grande entre os grandes que deixou o BNG de Santiago no chasis hai moitos anos