Carmela Silva aplaude que o Goberno renuncie a defender a prórroga outorgada a Ence en Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra dixo que "o futuro da economía, do emprego e do desenvolvemento económico, pasa por apostar polo medio ambiente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aplaudiu a decisión do Executivo estatal de renunciar a defender ante a Audiencia Nacional a prórroga de 60 anos concedida a Ence para manter a súa actividade na ría parte do Goberno de Mariano Rajoy cando estaba en funcións. "Ao meu parecer é o que hai que facer e por tanto eu aplaudo a medida, así de claro", contestou Carmela Silva a preguntas dos xornalistas no transcurso dunha rolda de prensa na Deputación.

A presidenta da Deputación dixo que "o futuro da economía, do emprego e do desenvolvemento económico, pasa por apostar polo medio ambiente" tal e como recollen os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 da ONU.

A mandataria socialista dixo estar segura de que o Executivo que preside Pedro Sánchez "o que fai é aplicar a lei" polo que considera que "ninguén lle pode pedir a un Goberno, que ademais ten un Ministerio de Transición Ecolóxica, que comparta o que fixo o Goberno de Rajoy" en referencia á prórroga da concesión dos terreos que ocupa Ence na ría de Pontevedra por 60 anos máis.Respecto ao expresidente do Partido Popular engadiu que "desde logo non cría no medio ambiente" e lembrou que Mariano Rajoy declarou que "un primo seu dixéralle que non existía o cambio climático".

A presidenta provincial insistiu en que "a ninguén lle pode estrañar" que un Goberno "que se que cre que hai cambio climático" tome a decisión de achandarse entendendo que a medida adoptada polo Executivo anterior "non é acorde co século XXI nin coa normativa". "A xente nova está a demandarnos aos políticos que nos comprometamos co medio ambiente" para deixar un planeta "en boas condicións", concluíu.

Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta