Temas: DATOS DIXITAL

Bimba y Lola mellora un 11,4% os seus ingresos no exercicio fiscal

O volume de facturación do último ano alcanzou os 201,3 millóns de euros e destacan a súa expansión internacional

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/03/2019 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

Bimba y Lola concluíu o pasado exercicio fiscal, pechado o pasado 28 de febreiro, cun volume de facturación de 201,3 millóns de euros, o que representa unha subida do 11,4% en comparación cos datos do ano previo, segundo datos publicados pola empresa.

A firma destacou que este crecemento da súa facturación anual estivo impulsado polo plan de crecemento internacional que implementou a compañía e que lle permitiu contar con máis de 100 puntos de venda fóra de España e cun total de 272 puntos ao peche do ano pasado.

Bimba y Lola indicou que o aumento da súa cifra de negocio anual viuse beneficiada pola progresión das vendas na canle dixital e tamén nos puntos de venda ao público, así como as entregas internacionais, cunha subida do 21%. A marca téxtil destacou que a actividade internacional xa representa o 28% da súa facturación total, grazas, principalmente, á súa presenza en países europeos, así como suramericanos e tamén asiáticos.

A corporación lembrou que esta mellora está a ser posible "grazas ao apoio e esforzo dun gran equipo humano" que segue en crecemento e que se sitúa en 1.500 persoas en todas as áreas, tanto en España como noutros países. "O ano 2018 supuxo un importante reforzo para o proxecto e plans de futuro de Bimba y Lola, que continuará desenvolvendo o seu plan estratéxico de crecemento durante os próximos anos", asegurou a empresa.

Bimba e Lola. BIMBA E LOLA - Arquivo
Bimba e Lola. BIMBA E LOLA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: DATOS DIXITAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta