Comeza a xuízo contra tres acusados pola desaparición do socio do narco "Pelopincho"

Piden 30 anos de cárcere para eles.

Por E.P. | VIGO | 21/03/2019 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 10 anos de cárcere para cada un do tres acusados polo rapto e desaparición de José Bernardo V.A., socio do ribeirense José Antonio Pouso Rivas, 'Pelopincho' (ambos foron investigados por narcotráfico), e que serán xulgados como supostos autores dun delito de detención ilegal agravada.

A vista celebrarase este xoves na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, e no banco dos acusados sentarán M.S.F., coñecido da vítima; F.S.S.; J.M.F.T.; e J.J.C.G.

Segundo o escrito de acusación pública, o 19 de novembro de 2010 ao mediodía, cando chegaba ao seu domicilio de Pontevedra coa súa muller, José Bernardo foi abordado por M.S.F., e marchou de alí nun coche con el, seguido polos outros acusados a bordo doutros dous vehículos.

Dúas horas despois, a muller da vítima recibiu unha chamada na que o seu marido lle dicía que regresaría a casa pola tarde pero, desde ese momento, non se volveron a ter noticias do seu paradoiro.

O ministerio público sostén que o día antes destes feitos os catro acusados reuníronse nun hotel de Santiago de Compostela para realizar os preparativos "para a captura e desaparición" de José Bernardo. Por estes feitos, a Fiscalía atribúe aos acusados un delito de detención ilegal agravada, e pide que sexan condenados a 10 anos de prisión cada un.

INVESTIGACIÓN POR NARCOTRÁFICO

Dáse a circunstancia de que, o mesmo día en que desapareceu este pontevedrés, tamén se perdeu o rastro de José Antonio Pouso Rivas, 'Pelopincho'. A investigación por esta desaparición, no entanto, foi arquivada.

Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho
Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta