Malestar no nacionalismo polo apoio "non disimulado" de La Voz ao Bloque

Vellos dirixentes nacionalistas apuntan que a estratexia do xornal coruñés é seguir dividindo e erosionar unha nova unidade popular do nacionalismo galego entre a UPG -o partido hexemónico no Bloque-, En Marea, Compromiso por Galicia e Anova.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

"Militantes de Anova desertan y se pasan al Bloque". Este titular co que abre este xoves a sección de política de La Voz de Galicia causou un forte impacto entre veteranos nacionalistas, algúns en activo e outros xa fóra da política, pero co denominador común de ter militado no Bloque.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

De feito, esta noticia está sendo amplamente comentada en distintos grupos de whatssap e moitos dos comentarios apuntan á intencionalidade dunha noticia que ten coma fin "erosionar a unidade do nacionalismo". De feito, lembran como antes de Amio, foi este xornal o que "máis axudou" a fragmentar o nacionalismo.

Algúns veteranos dirixentes nacionalistas apuntan a GC o momento no que chega este tipo de noticias. "Baixas de militantes de Anova xa se levaban dando desde hai tempo", indican. "E son moi poucos os que, supostamente, formalizaron a súa alta no BNG", engaden. "Por que La Voz no falou ou fala dos militantes do PP que marchan para Ciudadanos?", asegura un ex parlamentario co BNG. "Primeiro dinamitaron En Marea e agora queren dinamitar unha posible unión do nacionalismo para seguir mangoneando na UPG", engade.

Outro cre que "La Voz semella apostar polo BNG para destruír o máis posíbel a UP -Unidade Popular- ", en alusión a unha posible e hipotética unidade entre En Marea, o BNG, CxG e Anova. Hai quen vai máis alá e apunta a unha nova estratexia do xornal coruñés por "erosionar a Xulio e Martiño", en alusión aos rexedores da Coruña e Santiago, que non teñen disimulado as súas ideas nacionalistas.

MÁIS APOIOS AO BNG

Non é a primeira vez que La Voz sae en defensa do BNG. De feito, varios dos seus articulistas teñen loado en varias ocasións a figura de Ana Pontón. Tamén é habitual, desde hai anos, a presenza do BNG nos premios Fernández Latorre, mesmo cando a eles acudiu o monarca español. Na última edición acudiron a propia Pontón, o rexedor de Pontevedra e Miguel Anxo Fernández Lores.

Curiosamente, este xornal, extremadamente crítico co procés catalán e cos independentistas, foi moi coidadoso nas súas informacións sobre os acordos aos que o Bloque ten chegado con ERC e con Bildu para ás eleccións europeas, e mesmo a oferta de Otegui para unha coalición ás Xerais.

A única ocasión na que se puideron entrever críticas deste medio ao Bloque e a súa dirixente foi cando este acusou a Feijóo de ter actitudes machistas. Foi entón cando publicou varios artigos críticos con Ana Pontón e mesmo utilizou a vellas dirixentes históricas do Bloque, como Pilar García Negro, para que lle chegara o recado á dirección nacionalista. "Está claro que La Voz utiliza ao Bloque como parvos útiles e para branquear ao partido do que comen", din fontes consultadas en alusión ao PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

4 Desta vai

La Voz si informou sobre os pactos BNG-ERC-Bildu, e sobre a marcha de militantes do PP a Ciudadanos.

3 Xanc

Antes e despois de Amio, La Coz fixo moito dano ao BNG. Pero non creo que fixera tanto coma as declaracións de Beiras, Bascuas, Antelo (ao día da Patria chegou a chamarlle procesión de fieles), Beiras nas manis de Galiza non se vende contra o Bipartito. Hai que ter memoria! Non todo foi La Coz. Por certo, onde anda Galiza non se vende?? Quizáis pisando moqueta con cargos de En Marea e IU- Podemos?

2 Loisc

Malestar en Galicia Confidencial polo auxe do BNG. Falas do Nacionalismo en xeral e apuntas 2 fontes de ex-cargos do Bloque. Na miña terra, a esto chámase m.nipulación. Compromiso por Galicia é Anova xa dixeron que non queren saber nada do BNG. Como falas dunha reunificación cando varios protagonistas a rexeitan? No Bloque agora traballamos a gusto, nunca tan bo ambiente houbo. Ademáis as novas altas son na súa maioría xente nova, non ex- de outros partidos.

1 Xan do Outeiro

O BNG é normal que non teña conflictos. Apenas son moito màis que un “600”. Agora ben, como non saquen o testimuñal co que soñan en Madrì, van aparecer máis dun traidor/traidora “pouco clarificad@“. E así. Seguirán na cima do monte, agardando aos/ás caid@s do “burro abaixo”. Coidando o xoguete.

1 anonimo

Hai xente que , seica, ten uhna sensibilidade moi sensible a certas cousas. Para os que non están no rollo hiperideoloxizado, todo eso son especulacións producto do delirio ideoloxico. E o problema de vivir nunha burbulla fora da realidade, na que algunhas cousas son o centro do universo