Feijóo avisa aos médicos tras o acordo de crear 60 prazas: “Agora cada quen ten que cumprir a súa parte”

"Unha cousa é a Atención Primaria e outras son outros intereses", di sobre a folga convocada para os días 9,10 e 11 na Atención Primaria.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comprometeuse a, nos próximos dous anos, crear 60 novas prazas de médicos de Atención Primaria nos centros de saúde con maior presión asistencial. Este foi o principal acordo da reunión que este mércores mantiveron altos cargos de Sanidade, co conselleiro Jesús Vázquez Almuiña á cabeza, coas tres sociedades científicas de medicina de familia (SEMG Galicia, Semergen Galicia e AgamFEC) e o Consello Galego de Colexios Médicos. E a el se acolleu o presidente da Xunta, Aberto Núñéz Feijóo, para lanzar unha advertencia: "Agora cada quen ten que cumprir a súa parte".

Protestas de médicos de Atención Primaria en Vigo.
Protestas de médicos de Atención Primaria en Vigo.

De feito, este encontro serviulle a Feijóo para tentar defender o seu plan de Atención Primaria que dixo, “xa se está asentando” e suliñou que os catro colexios médicos xa “están a favor” dalgún dos seus puntos.  "Demostra que todas as sociedades científicas e os colexios médicos están a favor" das 175 medidas aprobadas polo Goberno galego para mellorar o modelo de Atención Primaria no sistema público de sanidade.

Estamos mellorando –a Atención Primaria-- e, desde o punto de vista dos médicos e colexios, con este documento asinado as críticas –ao sistema sanitario galego-- están encauzadas e cada un ten que cumprir a súa parte”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, nunha clara advertencia ao colectivo médico para que cese nas súas protestas ou evite participar na folga convodada para comezos de abril.

FOLGA

“Unha cousa é a Atención Primaria e outras son outros intereses”, dixo Feijóo sobre a decisión da Coordinadora Galega de Atención Primaria de manter a proposta de folga para os días 9, 10 e 11 de abril. De feito, esta institución alertou das reunións "para dividir o colectivo" sanitario en relación á mantida este mércores entre directivos da Consellería de Sanidade e representantes de sociedades científicas e colexios médicos.

Con todo, Feijóo dixo que Sanidade “aínda non ten notificación” de ningunha folga e lembrou que, de celebrarse, xa hai outras trece autonomías que a tiveron antes. “Todo o que facemos é polo ben da sanidade”, apuntou ao defender o plan que quere aprobar Sanidade e “no que traballa xa un comité técnico de expertos”. Así, defendeu a creación dun consello asesor da Atención Pública de carácter permanente e tamén potenciar a figura dos xefes de servizo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta