Meteogalicia, as previsións meteorolóxicas "made in Galicia"

Medio Ambiente mellorará "a calidade e precisión" deste organismo coa instalación de 12 novas estacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Meteogalicia reforzará e modernizará ao longo do primeiro semestre deste ano a súa rede de observación meteorolóxica coa instalación de 12 novas estacións en distintos puntos de Galicia, que se sumarán ás 156 estacións xa existentes para "mellorar a calidade e precisión" do servizo.

Así o anunciou este venres a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita á sede do organismo, quen asegurou que o seu departamento mobilizará ata 440.000 euros para instalar nos próximos meses 12 novas estacións e 21 pantallas de información meteorolóxica e de calidade do aire.

Segundo recolle a Xunta nun comunicado, Vázquez eloxiou o labor que realiza esta institución como "un referente indispensable na Comunidade e fóra dela, tanto a nivel científico como para a cidadanía en xeral".

Neste sentido, a responsable de Medio Ambiente referiuse a algunhas das funcións desenvolvidas polos técnicos de Meteogalicia, máis aló dos seus labores de observación e predición diarios, polo que lembrou que o ano pasado elaboraron unha ordenanza tipo de protección contra a contaminación acústica co obxectivo de unificar criterios e servir de guía para os concellos.

Ademais, destacou o traballo realizado grazas ao radar meteorolóxico de Cuntis (Pontevedra), cunha tecnoloxía que permite detectar o tipo de meteoros e facer un seguimento dos sistemas de precipitación.

VISITAS

A visita da conselleira á sede de Meteogalcia coincidiu coa xornada de portas abertas que cada ano celebra o organismo para conmemorar o Día Meteorolóxico Mundial, que se celebra oficialmente este sábado, día 23 de marzo, baixo a lema 'O sol, a terra e o tempo'.

Situación do furacán Leslie, segundo Meteogalicia. METEOGALICIA
Situación do furacán Leslie, segundo Meteogalicia. METEOGALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta