A Xunta quere poñer en marcha novas inciativas contra a violencia de xénero no deporte

Estas iniciativas están dentro dun convenio de colaboración enmarcado no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou a posta en marcha de novas iniciativas para loitar contra a violencia de xénero o deporte. Será con campañas en espazos deportivos e a súa difusión a través dos clubs galegos de alta competición, fornecendo o equipamento da campaña "NON" para o colectivo arbitral ou para o programa "Xogade" e impulsando unha campaña con deportistas en centros educativos.

Tamén se destinarán fondos para que aqueles deportistas olímpicos que participen en Tokio 2020 axuden a concienciar na loita contra este tipo de violencia. Estas iniciativas forman parte dun convenio de colaboración subscrito este venres nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, con sede en Pontevedra, polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete.

Este convenio de colaboración enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, dando continuidade ás liñas de axudas xa ratificadas con Vivenda, Educación e con Cultura e Turismo. Segundo destacou Alfonso Rueda, o Goberno galego conta xa con varias liñas de actuación nesta área como charlas en centros educativos coa Fundación Vero Fenda, ou a colaboración coa Federación de Fútbol para impulsar a igualdade no fútbol profesional e afeccionado.

Rueda tamén sinalou que recentemente se chegou a unha serie de acordos coas federacións de balonmán ou baloncesto. "Para este ano, a Xunta achega 1,5 millóns de euros", dixo o vicepresidente. A educación e o deporte, recalcou Rueda, son ferramentas idóneas para enviar a mensaxe de que non pode haber discriminación por razón de sexo e que a violencia de xénero non ten cabida na sociedade.

A Xunta pon en marcha novas iniciativas para loitar contra a violencia de gé. JOSELUIZOUBINA  / JOSE LUIZ OUBINA XUNTA DE GALICI / Europa Press
A Xunta pon en marcha novas iniciativas para loitar contra a violencia de gé. JOSELUIZOUBINA / JOSE LUIZ OUBINA XUNTA DE GALICI / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta