A Garda Civil evita o accidente dun pesqueiro na Coruña

As condicións meteorolóxicas do momento, vento nordés de forza cinco e marusía de ondas de dous metros, "abocaba ao pesqueiro a chocar contra as rochas en poucos minutos".

Por E.P. | A CORUÑA | 22/03/2019 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O Servizo Marítimo da Garda Civil na Coruña procedeu ao rescate dun pesqueiro sen goberno tras enredar un cabo á hélice perdendo toda posibilidade de propulsión nas proximidades da Coruña, segundo informa a Benemérita.

A Garda Civil tivo coñecemento, a través do VHF mariño, de que un pesqueiro solicitaba auxilio inmediato por unha situación de emerxencia. Seguidamente, o xefe de servizo da patrulla estableceu contacto directo co patrón do pesqueiro, quen indicou que estaban a piques de encallar contra as rochas da enseada do Orzán.

Por todo iso, os compoñentes da Garda Civil, a bordo do patrulleiro 'Río Jallas', iniciaron o traslado ata o lugar dos feitos, onde puideron ver que as condicións meteorolóxicas do momento, vento nordés de forza cinco e marusía de ondas de dous metros, "abocaba ao pesqueiro a chocar contra as rochas en poucos minutos".

A Garda Civil iniciou as manobras de rescate e remolque do pesqueiro. Tras hora e media, deuse por finalizado o auxilio da embarcación avariada, que quedou atracado no porto da Coruña.

Pesqueiro. XUNTA
Pesqueiro. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta