Elección de praza para a primeira promoción de aprobados por oposición unificada de Policía Local

Os municipios deberán nomealos na categoría de funcionarios en prácticas e, o 22 de abril, pasarán a incorporarse ao curso selectivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) da Estrada acolleu este venres o acto de elección de praza do primeiro proceso selectivo unitario de policías locais que levou a cabo a Xunta de Galicia. No evento que tivo lugar este venres, as 38 persoas que aprobaron o proceso elixiron, por estrita orde de puntuación, unha das prazas ofertadas nos 23 concellos que delegaron o pasado ano o proceso selectivo para esta categoría.

Diso informou este venres a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que informou de que os concellos son: A Coruña, A Estrada, A Fonsagrada, A Laracha, Bergondo, Carballo, Malpica de Bergantiños, Marín, Melide, Moaña, Negreira, O Barco de Valdeorras, O Rosal, Ordes, Ortigueira, Ponteareas, Redondela, Ribeira, Santiago de Compostela, Soutomaior, Tui, Vilagarciá de Arousa e Viveiro.

A partir de agora, os municipios deberán nomealos na categoría de funcionarios en prácticas e, o 22 de abril, pasarán a incorporarse ao curso selectivo, no que tamén participarán os aspirantes que resultaron aptos nos procesos que levaron a cabo nos concellos que decidiron non delegar. Deste xeito, este curso converterase no máis numeroso da academia, superando os 100 alumnos.

A Xunta lembrou que a finais do ano 2017 aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta co concello, que voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. Segundo explicou o Goberno galego, o obxectivo desta iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, á vez que se dota ao proceso de maior transparencia e axilidade. Ademais, a confección de listas única facilita tamén a contratación.

Policía Local
Policía Local | Fonte: PL Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta