Á caza da velutina en Boqueixón

O concello entrega á veciñanza máis de medio cento de trampas.

Por Galicia Confidencial | Boqueixón | 23/03/2019 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Concello de Boqueixón quere rematar coas velutinas coa colaboración da veciñanza. Por iso, a campaña Axúdanos a loitar contra a velutina, iniciada o pasado ano, vén de ampliarse tras a entrega dun total de 55 novas trampas á veciñanza

A avispa invasora 'vespa velutina'. CARLES LOPEZ BUSTINS
A avispa invasora 'vespa velutina'. CARLES LOPEZ BUSTINS | Fonte: UNIÓ DE PAGESOS - Archivo

Para utilizar estas trampas, persoal de Protección Civil ofrece unha sesión formativa cunha sesión teórica e outra práctica. Así, explicase a evolución da invasión da vespa velutina en territorio galego, así como as súas características distintivas con respecto ás vespas autóctonas. Dende Protección Civil reiteraron que o comezo da primavera resulta  a mellor época para loitar contra esta especie invasora, xa que é a época na que as raíñas saen do seu letargo invernal para iniciar a creación dos niños. Polo tanto, cada raíña que se atrape suporá un niño menos.

Desde o concello tamén explican como utilizar as trampas e onde se deben colocar. Cada solicitante recibiu un pack cun recipiente con forma de mazá, cunha capacidade de 2,4 litros, ecolóxicas e reutilizables, e máis a dose exacta de líquido atraente que se lle debe botar –de 300 mililitros-.

A maiores, tamén se explicou como elaborar trampas caseiras con refugallos que se poden atopar en todos os fogares e que funcionarían como reforzo ás xa entregadas. Uns métodos nos que non todos os expertos están dacordo, xa que nalgúns deles poden morrer outros insectos.

En 2018 atrapáronse máis dun milleiro de vespas velutinas neste concello. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta