A tuberculose pasou de 71,8 caso a 19,5 por 100.000 habitantes en 20 anos

A Xunta conmemora este domingo o Día Mundial da Tuberculose e apela a "non baixar a garda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade conmemora este domingo o Día Mundial da Tuberculose reiterando o seu compromiso de "continuar cos esforzos e actuar en consonancia" coas estratexias da Organización Mundial da Saúde (OMS), que teñen o obxectivo de eliminala para o ano 2050.

E é que aínda que os indicadores do funcionamento do programa galego contra esta enfermidade sexan "favorables", a Xunta advirte "que non se pode baixar a garda" e apela a "diagnosticar precozmente os novos casos, identificando os contactos e aplicando o tratamento adecuado".

Deste xeito, Sanidade destaca que o programa galego de prevención e control da tuberculose 2017-2020, posto en marcha pola Dirección Xeral de Saúde Pública, ten como obxectivo reducir a incidencia desta enfermidade nun 25% entre 2015 e 2020 para que Galicia estea considerada como unha Comunidade de baixa incidencia.

Desde a posta en marcha da estratexia en 1996, obsérvase unha tendencia descendente e progresiva. En concreto desde ese ano ata 2017, a tuberculose pasou dos 71,8 casos por 100.000 habitantes a 19,5 --unha diminución media anual do 6%--.

A Consellería de Sanidade destaca tamén que o 95,4% do total de casos que iniciaron tratamento en 2016 curáronse, unha porcentaxe moi por encima do obxectivo da OMS (85%).

Quirófano
Quirófano

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta