Vox podería ser a terceira forza nas eleccións xerais

O PSOE sería a primeira forza e o PP a segunda pero baixando máis de 50 escanos. En Galicia, o PP sería o máis votado, pero baixando dous que gañaría o PSOE. En Marea quedaría con tres e Cs obtería tres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2019 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O Partido Socialista situaríase como a forza máis votada tras as eleccións xerais do 28 de abril, seguido do PP e con Vox no terceiro lugar, aínda que con cifras que deixarían os posibles bloques de esquerdas ou dereitas sen posibilidade de alcanzar a maioría absoluta.

Así se desprende da enquisa realizada por Sondaxe para La Voz de Galicia, recollida por Europa Press, que prevé que o PSOE alcance os 113 escanos, fronte aos 85 cos que obtivo en 2016, rendibilizando o paso de Pedro Sánchez pola Moncloa.

No polo oposto situaríase o PP, que pasaría dos 137 deputados actuais a 78, segundo Sondaxe --aínda que dous máis que na enquisa realizada en febreiro--. Pero máis aló deste cambio nas primeiras forzas políticas, a enquisa prevé unha espectacular irrupción de Vox, con ata 50 deputados, que o situarían como terceira formación máis votada.

Por detrás, quedarían Ciudadanos, con 44 escanos, que subiría así 13 desde as eleccións de 2016, nunha melloría que contrasta coa caída de Unidas Podemos e as súas confluencias. O partido de Pablo Iglesias quedaría con case a metade dos deputados das últimas eleccións, ao non obter máis de 35 --71 en 2016--.

Con estes resultados, os posibles bloques de esquerdas (PSOE e Podemos) ou de dereitas (PP, Cs, Vox) non alcanzarían a maioría absoluta. No caso deste último, con Pablo Casado como líder máis votado, a suma quedaría en 172 escanos, a catro da maioría absoluta.

E no lado oposto, a suma de PSOE e Podemos quedaría en 148, moi lonxe da cifra necesaria, co que Pedro Sánchez tería, segundo Sondaxe, que alcanzar un acordo con ERC, que obtería 15 deputados, con Junts per Catalunya (6), PNV (5 escanos) e EH Bildu (3) para chegar aos 177 escanos.

SUBIDA DE VOX

Un dos aspectos máis rechamantes da enquisa de Sondaxe xira ao redor de Vox e á posibilidade de que alcance os 50 escanos. Faríao, conforme a esta sondaxe, captando o 26,8% dos votantes do PP e o 27,3% dos de Ciudadanos, pero tamén o 4,1% de Unidas Podemos e ata o 6,4% de En Marea.

En canto a Galicia, o PP situaríase como a forza máis votada, aínda que por baixo dos resultados de 2016, co PSOE como segunda, con incremento de deputados, e sen representación para Vox nin para o BNG.

Segundo Sondaxe, o PP quedaría en 10 deputados, fronte aos 12 de 2016, mentres que o PSOE subiría de 6 a 8. En Marea caería dos 5 a 3 representantes e Ciudanos obtería, por primeira vez, representación por Galicia, con dous escanos.

O PP deixaríase así un deputado pola Coruña e outro por Ourense que, en cambio, gañaría o PSOE en ambas as provincias, de modo que socialistas populares empatarían con 3 e con 2 representantes, respectivamente. En canto a En Marea, quedaría cun deputado pola Coruña, outro por Lugo e outro por Pontevedra, mentres que Ciudadanos obtería representación nas dúas provincias atlánticas.

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Gamela

Non queremos máis enquisas da Voz nin de niguén que estea a facerlle a campaña aos retrasados mentais dese contubernio innombrable !!! GC debera ter máis coidado cos titulares (hai xente que só le os titulares!)

3 anomimo9602

La encuesta en publicada en El País estima que Vox obtendrá 30 diputados, mientras que de la de La Voz de Galicia estima que el partido de Abascal obtendrá 50 diputados. No sé si nos toman el pelo unos, otros o todos; o quizás lo que ocurra es que ninguno tiene ni p*t* idea y, al mismo tiempo, tampoco está dispuesto a reconocerlo. Lo que si sé es que esos 20 diputados son una diferencia demasiado elevada como para tomarse en serio las encuestas.

2 Xesus Ateo Recalcitrante

Pero realmente os pronósticos políticos dunha empresa coma Sondaxe, integrante do grupo Voz, grupo mimado polos cartos públicos do goberno do Partido Popular, poden ser considerados neutrais? Logo, porque os colaboradores dos medios dese grupo poñen en solfa os estudos do CIS cada vez que fai público un estudo?

1 sermos mantidos

O BNG non saca e En Marea dividida tampouco. Se este resultado se confirmara, no día seguinte a máis tardar, e sendo posible na mesma noite do reconto, Ana Pontón e Villares, xunto con toda a tropa que os acompaña e inspira (os alcaldes virreis instigadores das intrigas, os trolles dos comentarios pagados polos partidos, os intectuais desde Marilar Aleixandre a Suso de Toro, os plumillas da prensa amiga), deben presentar a dimisión e desaparecer da política pública para sempre. Non hai disculpa posible. Xa non temos nin decencia, pois en momentos decisivos os políticos profesionais galegos non dan a talla. Que o ultra nacionalismo españolista de Ciudadanos, sen bases nin candidatos, teña representantes por Galiza e o nacionalismo galego e a esquerda queden fóra non pode ser de balde para os dirixentes do BNG e En Marea.

1 Amancio

Tedes que ter máis tranquilidade no PSOE. Esta noticia fala dunha enquisa... Tranquilos!

2 Un galego

Que o ultranacionalismo españolista teña representación sen bases nin candidatos é porque hai moitos galegos que lles votan (por desgraza). Hai moito màis voto ideolóxico do que parece, non hai tanto voto cautivo como se di. Cando vas votar, o que levas dentro do sobre ninguén cho mira. Só hai que falar, escoitar, observar quen te rodea e xa tés a resposta. E si, no nacionalismo todo podería ser mellor pero os que romperon a casa común xa ves como acaban e menos mal que non trunfaron porque venderían todo ao españolismo para nada.