Rescatado en helicóptero un surfeiro na praia de San Xurxo en Ferrol, arrastrado pola corrente

Mobilizouse o helicóptero Helimer 401.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2019 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Un surfeiro tivo que ser rescatado na praia de San Xurxo en Ferrol despois de que fose arrastrado pola corrente e non puidese regresar á beira polos seus propios medios.

Onda de máis de 15 metros, perfectas para os surfeiros
Onda de máis de 15 metros, perfectas para os surfeiros | Fonte: todosurf.com

A chamada dun compañeiro ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia, pasadas as 12,20 horas, permitiu activar un operativo no que interviñeron os efectivos de Salvamento Marítimo da Coruña, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Policía Nacional, a Local e tamén a agrupación de voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os servizos sanitarios de urxencia tamén foron informados por se fose necesaria a súa colaboración.

Ata o lugar desprazouse un equipo do Helimer 401 que sacou ao surfeiro da auga e trasladouno ata o aeroporto da Coruña. Os equipos de rescate confirmaron que a persoa se atopaba en bo estado polo que se descartou a asistencia médica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta