Casado ve a Sánchez como "o presidente máis radical" da historia de España

Asegura que está a levar a España "á ruína".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/03/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Pablo Casado, cualificou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como "o presidente máis radical" da historia da democracia en España, e ao seu Executivo como "o máis desigualitario", por pór en risco os principios constitucionais dun Estado "social, igualitario e de dereito", e por querer "esnaquizar a economía" e a "unidade de España", ou "dar prebendas aos independentistas".

Así o proclamou durante a súa intervención nun acto celebrado no Auditorio Mar de Vigo, na cidade olívica, ante unhas 500 persoas, e no que Pablo Casado afirmou que os socialistas atentan contra eses principios ao levar a España "á ruína", "destruíndo emprego" ou impulsando outras medidas que "demostran ser tremendamente desiguais".

Segundo incidiu o líder do PP, o goberno de Sánchez tamén "está a consagrar a desigualdade entre os territorios" de España, unha "desigualdade democrática" que permite que, mentres uns teñan que "cumprir a lei", outros estean "a pelexar co Tribunal Supremo ou coa Fiscalía para quitar uns lazos amarelos".

Durante a súa intervención, Pablo Casado referiuse tamén ás enquisas e insistiu en apelar á "unidade" do voto da dereita, á vez que alertou contra un goberno Sánchez-Iglesias, "unha aventura" que España "non pode pagar".

Acto de entrega aos carnés a novos afiliados do PP en Vigo co president. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Acto de entrega aos carnés a novos afiliados do PP en Vigo co president. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta