A Xunta insta as empresas a empregar só envases reciclables ou reutilizables na súa produción

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, instou ás empresas a empregar o 100% de envases reciclables ou reutilizables na súa produción.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2019 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, instou ás empresas a empregar o 100% de envases reciclables ou reutilizables na súa produción.

A Xunta insta as empresas a empregar na súa produción envases reciclables ou r. XUNTA
A Xunta insta as empresas a empregar na súa produción envases reciclables ou r. XUNTA | Fonte: Europa Press

Fíxoo nunha visita ás instalacións de Coca-Cola, nas que citou a esta empresa como "un exemplo a seguir" para o resto da industria en Galicia e en España. En concreto, destacou o uso de envases reciclables ou reutilizables, "enerxía 100% limpa" e programas de concienciación.

Ademais, subliñou que entre os retos futuros, ante a necesidade de "combater o cambio climático", está "unha economía baixa en carbono, a reciclaxe e unha economía circular".

A conselleira lembrou que para reducir residuos industriais hai que implantar un novo modelo máis sustentable, a través do Plan de Xestión de Residuos Industriais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta