A aplicación Android para conxugar os verbos galegos

ConxuGalego é un software libre para dispositivos con Android que permite conxugar calquera verbo na nosa lingua.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/11/2011 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O enxeñeiro informático Xurxo Méndez e a deseñadora Sabela Barreiro lanzaron esta semana ConxuGalego, unha aplicación para dispositivos co sistema operativo Android que permite introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, sexa regular ou irregular, e obter a conxugación deste en tódalas súas formas verbais.

None

A aplicación é sinxela: un cadro de busca onde introducir un infinitivo e unha pantalla onde se amosan todos os tempos verbais conxugados. O conxugador que funciona por detrás é unha modificación do software libre Conshuga do Departamento de Gramática da Universidade de Santiago de Compostela

O conxugador funciona para móbiles con Android 2.0 en adiante e está dispoñible no Android Market de balde.

Todas as novidades deste proxecto 100% galego poden ser seguidas a través da súa conta en Twitter: @ConxuGalego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Carme

Que sexa cento por cento galego, é un valor engadido. Que sexa útil, é o obxectivo. E que contribúe á normalización lingüística dentro da diversidade... engrosa aínda máis esa bolsa de valores engadidos. Parabéns.

1 Santiago

Xenial, a lingua está salvada. Bufffff...

1 ConxuGalego

Dende logo que non, xa quixeramos... Pero só tentamos dar a nosa pequena aportación. De tódolos xeitos, se a baixaches e se che ocorre como mellorala, non dubides en contactar connosco. Saúdos